A ribadense Luz Pozo Garza foi outra das premiadas no evento

La Voz

A MARIÑA

13 abr 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

A presenza mariñán dos Premios Irmandade do Libro non se limitou á viveirense Porta da Vila (premiada na modalidade de libraría), senón que tamén tivo máis nomes propios mariñáns na cita da Federación de Libreiros de Galicia. Na modalidade de autora, o premio foi para a ribadense Luz Pozo Garza (Ribadeo, 1922), na Real Academia Galega dende o 96. Durante a entrega, Maricarmen Lage tivo ocasión de compartir charla sobre libros con ela e máis con Neira Vila.