O Pontenova impúxose ao San Ciprián e asegurouse o campionato de inverno

La Voz

A MARIÑA

11 dic 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

O conxunto xuvenil do Sporting Pontenova segue aportándolle alegrías ao club da Mina. Logo de que o ano pasado xogasen a fase de ascenso á Liga Gallega e que unha decisión federetiva os apartase de acadalo, os pupilos de Daniel Moirón aseguráronse o pasado sábado o título honorífico de campións de inverno da Liga Provincial, despois de vencer a domicilio ao San Ciprián por 1-3, con goles de Matelo, Turbo e Antón.

Os da Potenova, que xa xogaron todos os seus encontros da primeira volta, presentan uns números practicamente inmaculados, xa que venceron trece encontros e só perderon un. O Foz, con dous partidos menos, xa non poderá igualar estes rexistros na primeira volta.