Aparecen vivos en O Vicedo e Foz exemplares de golfiño riscado e de lobo mariño

La Voz

A MARIÑA

10 dic 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

Nos primeiros dez días do mes de decembro apareceron vivos sendos exemplares de golfiño riscado e lobo mariño nos arenais da comarca.

Según explicaron dende a Cemma, na mañá do pasado día 6 alertouse da presenza do golfiño riscado en O Vicedo. Unha unidade móvil da coordinadora saíu de Ferrol «coa preocupación da experiencia do varamento masivo de calderóns tropicais no mesmo lugar», no ano 1998. Coa colaboración de protección Civil e unha lancha paticular, o golfiño foi devolto ao mar, pero houbo que realizar tres tentativas.

O 1 de decembro foi un lobo mariño o que arribou á praia de Llas, en Foz. O animal estaba ben de saúde e voltou ao mar sen intervención humana. Cemma di que este exemplar «inicia a tempada de lobos mariños que se sitúa en galicia dende o mes de novembro ata o de marzo».