O Sporting Pontenova impúxose ao Foz no derbi e achégase ao título de campión de inverno do grupo


O Sporting Pontenova só precisa dun empate no último encontro da primeira volta para asegurarse o título honorífico de campión de inverno, logo de que conseguise a vitoria, cun solitario tanto de Matelo, no derbi comarcal diante do Foz, o equipo que lle seguía na clasificación e ao que agora avantaxa en oito puntos, aínda que os focenses levan disputados dous encontros menos.

Na terceira posición continúa un Lourenzá que colleitou os tres puntos na súa visita ao Pol: 1-3. Os tantos laurentinos foron obra de Vega (2) e Álex. Mentres, os outros dous derbis remataron en empate e triunfo local. Burela e Viveiro firmaron táboas (1-1) e o Xove Lago venceu ao Alfoz: 2-1. Esta vitoria serviulles aos xovenses para saír da última praza. Pola súa banda, os outros equipos seguen na parte media da táboa.

Finalmente, o Ribadeo perdeu co Pastoricense e o Iberia non puido derrotar ao Meira.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

O Sporting Pontenova impúxose ao Foz no derbi e achégase ao título de campión de inverno do grupo