O próximo día 21, este mesmo mércores, terá lugar no Pazo de Mariñán, en Bergondo, o terceiro Encontro de Política Lingüística desde as administracións locais da Coruña que promoven a Deputación Provincial e a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua. Dito evento ten trascendencia para A Mariña, pois o conocido Modelo Burela convertirase nun dos temas a tratar ese día, ao analizarse como «un exemplo de proxecto de planificación lingüística».
A media tarde, antes da hora das conclusións, Bernardo Penabade, coordinador do traballo burelense, explicará en qué consiste, cal foi o seu desenrolo desde as orixes, qué aspectos estudiaron (descubriuse que Burela é un dos núcleos urbanos galegos onde máis galego se fala, aínda que se escribe bastante menos), etc...
Ademáis, proxectarase o documental que contou coa participación de numerosos veciños e se analizarán e debatirán as posibilidades de «exportarlo» a outros concellos galegos.
Manifestación en Santiago
Segun do a plataforma Queremos Galego foron «máis de 3.000» os mariñanos que participaron antonte, domingo, na manifestación de Compostela en defensa do galego. Da Mariña partiron un total de oito autobuses, aínda que a maioría, sinalaron, desprazouse nos seus coches particulares. A delegación comarcal de Queremos Galego agrupa a un total de 33 colectivos da costa lucense. Volverá a reunirse para definir próximas actividades.
Afirman que a protesta foi un «toque de atención que a sociedade galega lle deu á política lingüística da Xunta de Galiza e urxiu ao Goberno de Feijoo a que volva ao consenso sobre o idioma expresado polo Plano de Normalización Lingüístico aprobado por unanimidade no Parlamento de Galiza», conclúen.