Poxa con expectación e animación con moitos visitantes

La Voz

LUGO CIUDAD

13 sep 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

Unha das partes do programa de onte foi a poxa de novelas. Presentáronse sete animais, todos eles con algo máis de 12 meses de vida, e vendeuse un, que comprou un gandeiro do Corgo. Mentres se celebraba a poxa, o recinto feiral, con coches que ocupaban o aparadoiro do exterior e o do estadio Ángel Carro, enchíase de animación con visitantes de orixes diferentes.

Persoas de idades diferentes, vencelladas directa ou indirectamente co organismo que celebraba os seus 20 anos de existencia, percorrían un espazo no que os animais ofrecían unha imaxe diferente á doutras actividades que se adoitan celebrar no recinto.

Autoridades

Os actos de onte contaron coa presenza do conselleiro de Medio Rural e doutras autoridades provinciais e locais. O presidente de Ternera Gallega, Jesús González; o de Acruga, César Dorado, e o de Caixa Rural Galega, José María Pardo Montero, foron algúns dos que acompañaron ao conselleiro no seu percorrido polas instalacións. Tamén pasaron polo recinto feiral o senador do PP José Manuel Barreiro e o concelleiro de Medio Ambiente de Lugo, Lino González