«Cando aguanto a respiración baixo a auga só penso en relaxarme»

Y. García

A MARIÑA

27 may 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

El club de actividades subacuáticas Faro Roncadoira integra desde pesca y fotografía submarina, ata apnea. Se onte coñeciamos que un dos seus membros, o viveirense Carlos Timiraos, quedaba terceiro no cuarto campionato galego de pesca submarina, hoxe destacamos outro logro, nesta ocasión do presidente del colectivo, Agustín Nieto (Xove, 1985), que quedou en cuarta posición no campionato galego de apnea que se celebrou na piscina municipal de A Estrada. Demostrou a súa capacidade de aguantar a respiración baixo a auga xunto a outros 14 participantes de toda Galicia (da provincia eran el e outro os únicos representantes). Nieto Pena subraia a traxectoria que leva este clube mariñán: «Pensamos en ser o clube revelación de Galicia pola participación en modalidades subacuáticas. É un clube que está na elite». No vindeiro mes de xullo pensar estar no campionato de España de pesca submarina, en Barcelona.

-Por curiosidade, ¿canto tempo aguantou o campión?

-Aguantou 5 minutos e 1 segundo na modalidade de apnea estática e na dinámica logrou bucear 101 metros.

-Trátase de aguantar... pero ata un punto, non hai que arriscarse.

-O que conta é aguantar o tempo o máximo posible. Nada mal o fixo o campión. De feito, o récord galego é de 5 minutos e 5 segundos. Estivo a un paso de conseguilo.

-¿Cal é a clave para aguantar tanto tempo debaixo da auga?

-Facendo apnea estática non se necesita sumerxirse debaixo da agua, so con meter a cabeza na auga chega. Eu so pensei en relaxarme, en estar tranquilo... Non pensas en nada concreto, déixaste levar simplemente.

-¿Repetirá a experiencia?

-Este era o primeiro ano que participaba. A partir de agora vamos a seguir co tema da apnea con varios chavales do noso clube. Do noso clube so fun eu a participar no campionato da Estrada, pero hai xente que aguanta moito máis ca min. Pero esa xente non se anima a ir. Temos un membro no clube do Faro Roncadoira que o ano pasado foi e xa aguantou uns catro minutos. Quedou terceiro, pero este ano non puido acudir.