«Que un salón ofreza limpeza de cutis ou manicura a un home é importante»

Y. García

A MARIÑA

Alumnos do ciclo medio do instituto burelense son os protagonistas do desfile de perruquería que mañá se celebrará na Casa da Cultura de Burela

31 ene 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

A Casa da Cultura de Burela acollerá mañá, domingo, ás 20.00 o desfile de perruquería do Departamento de Imaxe Persoal do IES Perdouro, en colaboración co alumnado do ciclo medio, que leva dende hai catro anos Begoña Rodríguez Muñiz (Compostela, 1967). A cita ía a celebrarse o domingo pasado pero por mor do temporal se aplazou a mañá.

-¿Hai algún rapaz no ciclo medio? En perruquería son 31 alumnos de toda A Mariña e catro docentes.

-O que temos é alumnas/alumno, de verdade. Ese rapaz é o primeiro que temos aquí dende que eu estou. Tiñamos algún cando había iniciación en ESO, pero non viñan por vocación senón que era unha asignatura complementaria. Pero neste caso Borja está porque realmente lle gusta a profesión.

-¿Que asignaturas dan?

-Hai dúas moi interesantes, unha é peitados e acabados e recollidos e outra cambios de forma, como permanentes, tubos, etc... e tamén se da dirección técnico-artística que sería o que é a teoría da perruquería: como te tes que comportar, a morfoloxía do corpo, que tipo de peitado vai con cada óvalo facial, como montar o salón...

-Sobre a «fama» do cotilleo nas perruquerías, ¿que di?

-Non soporto esa imaxe das perruquerías, gústame que se fale máis de moda nelas. As perruqueiras non só deberían saber quen é a Pantoja senón tamén quen é o novo presidente dos Estados Unidos.

-¿Hai ciclo superior de perruquería en Galicia?

-Xa funciona en Vigo, é o único de toda Galicia. No IES Perdouro o que seguimos pedindo é o ciclo medio de estética. Debo ter sete alumnas das que acabaron o ano pasado «perdidas» por Galicia adiante facéndoo e moita xente chama na época de matrícula preguntando. Agora o mercado na Mariña está saturado de perruquerías e iso que seguimos tendo traballo para as alumnas. O ciclo sería o complemento ideal.

-Moitas perruquerías se están reconvertendo en salóns de beleza, para elas e eles.

-Un mercado que me encanta é o masculino e está empezando a entrar. Que un salón de perruquería lle ofreza unha limpeza de cutis ou unha manicura a un home é importante. Creo que eles se ven perdidos aquí. Cando veñen papás ou noivos a cortar o pelo se deixan facer cousas porque non están acostumados a que os asesoren.

-¿Arranxan o pelo no IES?

-Si, pero temos un horario. Empezamos a cobrar o ano pasado un prezo simbólico pola utilización dos produtos, que son bos. Aconsellamos á xente que chame para pedir vez. Resposta moi ben.

-Mañá será o gran día.

-No desfile o deseño de peitados o organizan as alumnas e lles encanta, elas buscan os modelos. Son as de segundo as que organizan pero as de primeiro e algunhas ex alumnas botan unha man (...) As nenas traballaron moito este ano. Irán desfilando 22 menores de cinco anos e case 50 maiores de cinco anos. Ese é un día de moito traballo pero moi bo ambiente. [Na pasarela desfilarán alumnos do ciclo, ESO e bacharelato tamén e o público verá diversos recollidos e cortes].

-¿Cal é a moda no 2009?

-Despois das desfeitas do ano pasado, neste non hai unha moda. Todo é cíclico. Houbo cortes asimétricos e cortes craneados, o Bod de Victoria Beckham, e agora hai que deixar medrar o pelo. Agora se levan capas moi longas e penso que se van levar os rizos a mansalva.

-¿Cóidase o pelo ou non?

-En xeral non, sobre todo canto máis novos son menos o coidan porque teñen ese culto á melena. Eu me vou fixando nos pelos da xente. E pregunto, ¿de que che vale lucir a melena ata a cintura se dende o ombro está morto o pelo? É mellor levalo bonito e saneado que esas melenas... E a tendencia deste ano é arranxarse na casa. A xente non está pola labor de gastar pasta.