«Debaixo da aparencia da broma intento dicir as verdades máis serias»


Francisco Piñeiro leva varios grupos de teatro afeccionado na Mariña e escribe obras que se estrearon na comarca, sendo alguna delas premiada a nivel galego.

-¿De onde ven a súa paixón pola escritura e polo teatro?

-Estou nisto máis que nada por non destrozar as obras dos demais. Esta é para min unha razón moi importante. Sempre me gustou escribir. O máis importante é aprender das experiencias. Unha vez coa Adala de Fazouro e a obra San Campio chegamos a unha final xunto con Bodas de sangre de García Lorca. Gañamos. A conclusión miña foi que os outros tiveron que facelo moi mal. Aparte escribo por creatividade e por complemento, porque son especialista de matemáticas e ciencias, senón queda un coxo.

-Algunha das súas obras que puiden ver teñen un estilo moi popular e cómico.

-Falas do grupo cervense do Bordelo. Levo este, A Adala de Fazouro e un mixto que é a Agrupación Cultural Francisco Piñeiro. No Bordelo o teatro é popular, costumbrista, achegado ao pobo co obxectivo de facer unha pedagoxía social. Na Adala xa é máis teatro histórico e na outra agrupación son máis ben lendas históricas. Agora acabamos de facer un audiovisual dramatizado e nos presentamos a certámenes. Para os circuítos de aquí pídennos comedia pero intento debaixo da aparencia da broma dicir as verdades máis serias. Agora temos proxectado ir co Bordelo á facultade de Ciencias da Educación, onde vou dar unha conferencia sobre teatro popular e a continuación representaremos O Mariñán, sobre cambio climático, memoria histórica, urbanizacións... O teatro popular é o que realmente sementa. O outro si, van velo, pero a maioría do pobo quédase escéptico. Cando escribo, preséntaseme a dicomotía, ¿escribo algo profundo ou o que quere o pobo?

-E os aplausos do público valen tanto ou máis ca os premios, ¿non?

-Para nos é máis importante o capital humano. Eu prefiro ir a aldeas. En Galicia houbo o Teatro de Barriga Verde, que é o antecedente de todo isto. Meus avós recordaban cada unha das obras que pasaban por As San Lucas.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

«Debaixo da aparencia da broma intento dicir as verdades máis serias»