«O monacato máis tradicional non atravesa un bo momento»

La Voz

A MARIÑA

02 dic 2007 . Actualizado a las 02:00 h.

-Co gallo do XI centenario do nacemento de San Rosendo se comentou que todos os bispos da diocese mindoniense no século X eran familiares do santo. -Entre parentes e xente que se formou no entorno de San Rosendo, un 80%. Aínda que está vencellado a Celanova, pero un 50% de San Rosendo debe ser de Mondoñedo. -¿Gozan de boa saúde os mosteiros galegos? -Non é que estea moi ao tanto da vida eclesiástica, pero o monacato hoxe en día máis tradicional non atravesa un gran momento. Todos podemos constatar que Galicia é un dos lugares onde segue existindo unha forte presenza do monacato tradicional, hoxe quedan os vencellados aos cistercienses. -Ser monxe hoxe en día ... -Resúltame moi impresionante cando visito Sobrado, segue sendo igual que na época medieval, os monxes traballan en contacto coa terra e subvenciónanse a si mesmos. ¿É posible vivir como monxe no século XXI? Os monxes de Sobrado ou os de Oseira demóstrano todos os días. -¿Ten mosteiro preferido? -Non, pero aínda me impresiono cando vou a Samos. Pensar que estou pisando un mosteiro en pé no ano 687, cando en media Europa a xente vivía en cabanas.