«En San Cibrao pillei vivo un peixe lobo, fíxenlle fotos e volvino ao mar»

Y. García

A MARIÑA

09 nov 2007 . Actualizado a las 02:00 h.

Con 26 anos, leva dende os 16 practicando a pesca submariña.

-Dez anos xa... non está mal.

-Pero a nivel deportivo levo competindo tres anos e nese tempo despuntei ben en Galicia. Fun campión galego por equipos e son dos máis novos a nivel galego. No Vicedo quedei cuarto en individual o ano pasado. Este ano ía ir a Coruña, tiña o campionato moi ben preparado pero non puiden ir porque tiven unha lesión de oído e estiven dous meses sen poder pescar. Pero recupereime unha semana antes para o campionato de parellas e gañamos, aínda estou que non o creo. E en Xixón quedamos quintos. A nivel do cantábrico os asturianos son os favoritos con superioridade.

-¿Por que lle gusta tanto?

-O que máis me gusta é que unha vez que me meto na auga esquézome de todo, é outro mundo. E é para min unha gran satisfacción poder meterme todos os días ao mar. O fundamental é respectar tallas e pesos.

-As súas mellores capturas.

-Unha lubina de 9 quilos e un congro de 32. A máis curiosa foi un pez lobo, que é do Océano Índico, é fora do común. Pilleino vivo en San Cibrao, fixémoslle fotos e volvémolo ao mar.

-¿Pasou algún susto aló abaixo?

-Este verán pasado cando decidín remonta á superficie rompeume unha aleta e estiven ao borde do síncope. Paseino moi mal. Relaxeime na barca pero vinme para terra moi asustado. Nunca se pode facer só este deporte porque é moi arriscado.