Anque fixo traballos relacionados co mundo da imaxe, ten claro que o seu é velar pola seguridade dos veciños
13 sep 2007 . Actualizado a las 02:00 h.Cando se lle pregunta se segue formando parte da Policía Local de Foz, resposta en menos dun segundo: «Sempre, por suposto».
-¿Cánto tempo fai que desenrolas esta profesión?
-Xa fai case catro anos... ¡Que rápido pasa o tempo! Vai moi ben. Tamén creo que cada un ten unha profesión asignada cando nace. No meu caso a miña vocación foi ser policía local. De pequena, gustábame veterinaria pero non podo ver sufrir un animal.
-Cónteme unha experiencia positiva e outra negativa que viviras de axente.
-A negativa... Tocoume algún falecido e a veces cando estás traballando non pensas no momento que vives, intentas facelo ben e que vaia todo rápido para que a familia poda estar con el. Cando chega a familia, que son os que están sufrindo, é cando pasas o mal trago. E a máis gratificante... Hai moitísimas cousas, desde abrir unha porta a unha señora maior que lle quedou cerrada para que non pase a noite fóra, e incluso en accidentes cando che dan as grazas e o compañeirismo. Precisas algo e ofrécense todos.
-¿Deixaría a súa profesión por unha boa oferta para desfilar, por exemplo?
-¡Que va! Pensando no futuro, o meu traballo de policía local é un traballo estable. Para desfilar realmente tería que ser agora.
-¿Abriulle algunha porta ser Miss Lugo?
-En canto a imaxe e demais abre portas pero se queres, buscas doutra maneira. Tes un caché porque te coñece máis xente. Hai quen chama a axencias e busca misses, alguén coñecido e que teña un recoñecemento.
-¿Que ofertas tivo no mundo da imaxe?
-Cousas pequenas (estiven bastante liada e algunha non puiden ir) como desfiles de moda para desfilar en Coruña, para un anuncio... Neste non fun ao cásting previo, chamáronme dunha produtora de Coruña, coa que xa traballara para outro anuncio de Estrella Galicia antes de ser miss, porque tiñan un papel para min pero estaba constipada e había que gravar ao aire libre. Fixen tamén o catálogo das medias Dorian Gray. Quedou precioso. Son friolera pero nunca pasei tanto frío coma nun anuncio. Pasei unha noite a dous graos tres horas e cun vestido sen espalda para unha serie de TVG, «Herexes».
-Hai pouco vímola no concurso Identity.
-Chamáronme de Miss España. Buscaban unha persoa que tiveran dúas profesións diferentes. Foi unha viaxe relámpago. Saín ás oito menos dez de Coruña e ás once e vinte da noite cheguei. Palizón total. Puxéronme con bikini, maquillada e coa banda de miss. O concursante fallo; dixo que eu era modelo. Cando dixen que era policía local un rapaz do público soltou: «¡Que me deteña!». Para min o de ser modelo é un mundo diferente.
-¿E probou sorte no concurso Supermodelo?
-Ía a ir ao cásting pero non me apetecía, non vallo, non pega comigo. Case todas as misses que tiven de compañeiras como Miss Lugo foron. Iso non é o meu.