La clave | Fernández Reinante
25 abr 2007 . Actualizado a las 07:00 h.?i la propuesta del PP prosperó fue porque el ya edil no adscrito, Santiago Fernández Reinante, la apoyo. Ayer explicaba sus razones: «Eu penso que a estes señores había que sacarlles o salario dende fai tempo. Políticos ineficaces, con actitudes éticas discutibles, non merecen cobrar». «Ao pleno chegouse por unha situación que eu non xerei. Si estou fora do PSOE é porque eles o quixeron. Pero merecen que se lles saque o soldo. De Pérez Vacas non me creo nada do que diga, é un mentiroso compulsivo, e a cara dura do primeiro tenente de alcalde é lamentable, un señor que só discrepa co seu socio en urbanismo cando ve algún rédito electoral, e que non di nada sobre outras irregularidades que eu puxen enriba da mesa». Reinante reconoció que al término del pleno fue increpado por varias personas: «Non me sinto ameazado. Eu durmo perfectamente, non sei si os que dirixen o PSOE, o alcalde, que antes de presentarse nin sequera votaba ao PSOE, e Ramón López, poden decir o mesmo. Non sei si me ameazaron ou non, aínda que algún concelleiro dice que si, pero o certo é que no público había xente instigada para provocar en min unha reacción, insultándome, que non vou a ter. Foron eles os que provocaron toda esta situación. Pensaban que me ía quedar parado, e non é así. Cada un ten que asumir a súa responsabilidade, e eles correron un risco e saiulles mal».