Unha lenda menos famosa pero equiparable

La Voz

A MARIÑA

20 nov 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

? xornalista lucense presentará o seu libro on vindeiro xoves na Galería Sargadelos. Será nun acto que comezará ás oito da tarde e onde está previsto que acoda o escritor Fran Alonso, en calidade de presentador do volume de Alvarellos. A necesidade de atender as obrigas laborais do día a día é a causa de que tardase dez anos en recopilar todo o material. Claro que agora xa tén outros 30 prodixios, que probablemente acabarán nun segundo volume. A maior parte deles tenos presentes sin necesidade de consultar o texto, e de todos cita con especial interese o da lagoa da Serpe, que é unha lenda comparable á do lago Nees, aínda que menos coñecida e peor aproveitada. -¿Cal é o fenómeno máis recentemente localizado? -Como este foi un traballo feito nos ratos libres durante os últimos dez anos, foron aparecendo pouco a pouco. Pero uns dos últimos son o dos fentos xigantes de Oia, e unha especie de xesta localizada só nas dunas de Ons e dun illote que está preto de Sálvora. Ás veces traballando nunha singularidade xurdían outras, de modo que en realidade son máis de cen, xa que en cada capítulo hai letra pequena, como nos contratos, con outras propostas. -Con tantos desastres e atentados contra a natureza e o patrimonio, ¿non é un prodixio que se conserven centos de prodixios en Galicia? -Si que é. En Galicia combínanse moitas cousas. Tense destruído moito, pero en calquera caso, aquí hai moito e moita singularidade. -¿Este libro é froito dun traballo de hemeroteca e biblioteca ou é máis dun montón de kilómetros percorridos por estradas e camiños? -Por suposto, visitei todos os lugares dos que falo, menos a lagoa da Serpe, en Pena Trevinca, que as dúas veces que o intentei non o conseguir porque había neve, e só estiven moi preto. Quizais esa zona, a de A Veiga, é das máis duras de Galicia por aillada. Esa lagoa, xunto co lago Nees, son os únicos que conservan unha lenda celta, que neste caso é a da serpe, que eles idolatraban.