Budiño, Felisa Segade e máis folk moderno no Trad Fest de Santiago

F. sIMONELLI / I. c.efe SANTIAGO LOS ÁNGELES

AL SOL

PACO RODRÍGUEZ

Os concertos celebraranse na Quintana, Mazarelos e a igrexa da universidade

25 jul 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Este domingo o casco histórico de Santiago será o escenario do Compostela Trad Fest, unha xornada de concertos que, durante de doce horas, reunirá artistas como o gaiteiro Budiño e a cantante e pandeireteira Felisa Segade para reivindicar a música e o baile de raíz. A tradición adaptada aos novos tempos é a premisa deste festival de acceso de balde promovido por La Voz de Galicia e o Concello de Santiago no marco da programación das Festas do Apóstolo.

A Quintana, Mazarelos e a igrexa da universidade son os tres puntos da Cidade Vella que acollerán as diversas propostas ao longo do día. A inauguración estará a cargo da Banda de Música Municipal de Santiago, que presentará ás 12.00 na Quintana o proxecto Horizonte Tradi. Dirixida por David Fiuza, a agrupación ofrecerá unha perspectiva contemporánea da música tradicional galega con arranxos de Pedro Lamas e a participación dos solistas de nova xeración, María López, Nuno Estévez e Ernesto Martínez.

Ás 12.30 a instrumentista, cantante e compositora Ana Alcaide ofrecerá na igrexa da universidade unha viaxe a través de historias e lendas de varias culturas do mundo. Cunha proposta que invitará ao público a transportarse a tempos ancestrais, estará acompañada do multiinstrumentista estadounidense Bill Cooley. O último encontro da mañá terá lugar na praza de Mazarelos ás 13.30, momento no que o percusionista arxentino Martín Bruhn amosará unha reinterpretación da música tradicional da súa terra con Folklore, obra na que mestura o son do folk con elementos característicos da electrónica.

Ás 16.00 retomarase o Trad Fest co grupo Vox Stellae, que ademais de reivindicar a identidade da música galega, converterá o singular órgano da igrexa da universidade nun dos protagonistas do concerto. Entre as 17.00 e as 18.45 horas serán Ferrinhas Bravas, Faíscas da Pontraga e Os da Porfía as agrupacións que levarán o ritmo tradicional con toques contemporáneos a Mazarelos, praza que ás 20.30 acollerá a colaboración entre os escoceses Allan MacDonald e Chick McAuley.

Antes dese concerto, que amosará a conexión musical entre Galicia e Escocia, o artista portugués O Gajo proporá na Iigrexa da universidade un encontro co pasado, o presente e o futuro a través do seu último traballo discográfico, Trovoada.

Finalmente, o festival pechará na Quintana coas actuacións de Felisa Segade e Budiño ás 22.00 e ás 23.00, respectivamente. O cantante e gaiteiro volve á Quintana cun concerto «con moita enerxía, moito baile e moitas voces e instrumentos» no que invitará ao público a ser parte dunha posta en escena audiovisual. Así, o Trad Fest rematará cun final de ouro unha xornada na que todas as xeracións poderán gozar do folclore de vangarda.

El cantante Jon Bon Jovi suspendió su concierto en el Madison Square Garden por una sinusitis (infección de los senos paranasales), según confirmó posteriormente un representante del cantante a la revista People. El concierto es la octava actuación de una residencia de nueve noches en Nueva York dentro de Forever Tour. Se trata de la primera gira del cantante tras cuatro años alejado de los escenarios por una afección en las cuerdas vocales que estuvo a punto de impedirle volver a los escenarios.

«Voy a tener que bajar el ritmo por una noche», dijo el cantante al público tras 90 minutos de actuación. El artista ha colgado el cartel de no hay entradas para los nueve conciertos en Nueva York. «No tiren sus entradas; voy a buscar una solución, ¿de acuerdo? No se preocupen», dijo Bon Jovi al público, que respondió con aplausos. «Consérvenlos; vamos a ver cómo reprogramar el concierto». «Me siento muy bien, nos vemos pronto, adiós», terminó.

En entrevistas recientes, el cantante aseguró que estaba «completamente recuperado» después de años de rehabilitación vocal y trabajo con especialistas. La gira cuenta con próximas citas en Irlanda, Escocia e Inglaterra