Xacobe Martínez Antelo: «Os concertos son seguros»

O baixista do trío de jazz compostelán Sumrrá alégrase de ter un verán de concertos e actividades culturais


redacción

Logo de varios meses de «descanso forzoso», o baixista do trío de jazz compostelán Sumrrá alégrase de ter un verán de concertos e actividades culturais. O trío, que conta unha das traxectorias máis sólidas e constantes da escena jazzística española e unha gran proxección internacional, presentouse o xoves 6 de agosto en Tenerife. Cun jazz inclasificable, melódico e moi aberto, Sumrrá non entende de modas, de etiquetas, nin de estilos.

-Que tiña pensado facer neste verán anómalo que aínda non rematou?

-Pois como xa tiven tantas vacacións forzosas, que disfrutei o mellor que puiden, agora tocou un verán de concertos en nova normalidade. Na medida do posible farei algunha escapadiña á montaña, á praia, ó río, pero sempre de Galicia, claro.

-Que está a botar de menos con respecto a outros anos?

-A tranquilidade e a seguridade na mobilidade. Xa non son moito de aglomeracións en circunstancias normais, e nestes momentos, penso que aínda teño ese gusto pola soidade máis acrecentado.

-Que é o máis raro que lle pasou outros veráns?

-Sen dúbida, o que está pasando este verán supera todas as miñas anécdotas.

-Cal é o seu recuncho favorito de Galicia e por que?

-A Mariña Lucense tenme totalmente namorado, pero hai tantos e tantos recunchos marabillosos...

-Propoña un plan para o que queda deste verán con covid-19.

-É un bo momento para ir a concertos, que son os lugares máis seguros, máis enriquecedores, e máis revolucionarios.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Xacobe Martínez Antelo: «Os concertos son seguros»