Yolanda Castaño: «O noso paisiño contén paraísos»

LAURA MIYARA

AL SOL

A escritora compostelá concéntrase en gozar do descanso sen autoesixencias

16 ago 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

A escritora compostelá Yolanda Castaño bota especialmente de menos non ter que poñer barreiras para falar, respirar ou bicar. E tamén as apertas.

—Que vai facer neste verán tan inusual?

—As viaxes profesionais non sairán do territorio español. Un programa de dinamización das librarías levoume xa a Palma (Mallorca) e un festival literario permitirame visitar por vez primeira as Canarias. Polo demais, a situación sanitaria fará que debamos concentrarnos en tratar de gozar do mero descanso, dos nosos e da nosa contorna. Afortunadamente o noso paisiño contén pequenos paraísos accesibles.

—Que está a botar de menos con respecto a outros anos?

—O non ter que poñer barreiras a estes labios: nin para falar sen trabas, nin para respirar a pulmón pleno nin para bicar. E, sobre todo, as apertas.