Se hai un momento da Festa da Dorna que defina á perfección a esencia dunha celebración que fomenta a participación e o traballo en equipo esa é a Rejata de Embarcacións feitas á Machada, que onte despregou nas augas da praia ribeirense de Coroso unha flota de auténtica enxeñería naval efémera. Iso si, feita literalmente á machada.

Os integrantes da peña Os Pintos Joden Quintos volveron a ser os vencedores, por segundo ano consecutivo, dunha das tres grandes probas. Esta vez, os da camisola amarela sorprenderon a todos cunha elaborada reprodución dun barco atuneiro, o Pinto Tuna, que tomou como modelo un buque da firma Albacora. Eles leváronse o premio na categoría estética, pero os primeiros en virar a boia na travesía foron os Estou ke eskacho, a bordo dunha veloz embarcación que imitaba a unha nasa.

O certo é que cando o reloxo marcaba as dúas e media da tarde, na ribeira de Coroso puideron verse auténticas xenialidades, como un inmenso Jallo Submarín dos Arría o Jallo, na honra do Yellow submarine dos Beatles. Tampouco faltaron as doses de ironía e crítica política que fan única á Festa da Dorna, como a embarcación de Feitos Polvo que imitaba ao barco cos debuxos dos Looney Tunes, onde se aloxaron as forzas da Policía Nacional enviadas a Cataluña durante a celebración do referendo de independencia. Os seus autores -idea que tamén recrearon os Derrape Mental- foron os segundos dun podio que completaron Os Polvos do Vilar.

Mais non só iso, barcos piratas, o flotador do unicornio que arrasa este verán, a casa do mestre Mutenroy do anime Dragon Ball Z ou un exemplar da novela Fariña de Nacho Carretero embalado como un fardo compuxeron algunhas das ideas máis sinaladas. 

Concerto en batea

Unha das novidades que se estrearon onte na regata foi a instalación dunha gran batea sobre a que, pola tarde, tivo lugar o concerto dos Phantom Club. Cos acordes das probas de son arrancaba unha travesía que ninguén poderá esquecer. Como a propia Festa da Dorna.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Tags
Comentarios

Enxeñería naval feita á machada