Patrocinado porPatrocinado por

O diario persoal

Jesús Garrido CURSOSREPEDUCADOR.ES | INFO@CURSOSREPEDUCADOR.ES

AGRICULTURA

José Pardo

É o título que preferimos para esta experiencia de verán. Por suposto, pode chamarse caderno de campo ou memorias estivais, e pode ser escrito en papel, en soporte dixital ou o que for. Pero propugnamos as dúas palabras crave, diario e persoal, entendendo, por suposto, a eficacia e creatividade doutros tipos de diario de interacción aberta entre varios escritores.

19 jun 2013 . Actualizado a las 12:07 h.

1. VANTAXES DO DÍA A DÍA

O facelo día a día facilítache estar atento a todo o que acontece, aumentando así o teu grao de interese por todo o novo.

n Ao mesmo tempo servirache de arquivo de datos que, se non os apuntas ao momento, dificilmente poderás facelo ao final.

n Aos poucos irá xurdindo en ti unha reflexión persoal, un eco dos teus sentimentos e formas de pensar sobre o tema elixido.

n É, finalmente, un excelente exercicio de espontaneidade, ao recoller aquilo que máis che impresiona en cada xornada e ver cal é a túa reacción inmediata sobre o que escribes. Hai que rexistrar o momento.

2. DIVERSOS TIPOS

Certamente, a mellor forma de escribir un diario é a que se che ocorra: estamos moi seguros da túa creatividade.

n Existen diarios literarios: fíxanse, sobre todo, en escribir ben, facendo dalgún modo literatura sobre cada un dos temas. Xeralmente fano en prosa, con algunhas variantes en verso ou dunha forma mixta. Son diarios que non se fixan tanto na acumulación de datos, senón en escribir seleccionando soamente algúns deles e dándolles unha forma literaria, tendo moi en conta a súa linguaxe e a súa visión estética da realidade.

n Son frecuentes tamén os diarios informativos, que se fixan máis na recollida de datos, presentándoos dunha forma clara pero sen facer especial literatura sobre os mesmos: contan as cousas, presentan gráficos e esquemas, fan anotacións breves, utilizan claves indicativas para non escribir demasiado.

n Outra clase está constituída polos diarios especializados, que se fixan soamente nun aspecto concreto do seu interese: por exemplo, só anotan os datos relativos nalgúns temas como fontes, aves, bolboretas, tumbas, metais, instrumentos de labranza, ríos, temperaturas, anciáns, nenos, comidas, árbores, etcétera. Son famosos os diarios de ornitólogos, mergulladores, xeólogos, naturalistas, musicólogos, viaxeiros, aventureiros...

n Algúns prefiren o diario polifacético, que vale para todo e presenta moitas caras e formas diferentes. Nese tipo de diario mesturan todas as formas de escribir: unhas veces dáselles polo literario; outras veces prefiren anotalo todo, como unha máquina rexistradora, dándolle un ton informativo; de cando en vez fíxanse en algo especial.

3. RECURSOS

3.1. En primeiro lugar, o primeiro recurso que adoita darse no diario persoal é a claridade, de tal xeito que se poida ler e interpretar facilmente. É certo que os diarios de campo dos expertos deixan translucir moitas veces incluso aromas e sinais da súa estancia ao aire libre.

3.2. Outro recurso utilizado é falar en primeira persoa: observei, atopei, dixen, recollín, sospeitei, etcétera, o cal resulta natural cando é unha soa persoa a que fai unha viaxe, pero incluso algúns o utilizan cando van en grupo, destacando no diario a súa visión persoal das cousas.

3.3. Outros, se se vai en grupo de amigos, en familia, adoitan falar en plural: fixemos, fomos, baixamos, sospeitamos, alegrámonos, cansámonos... e destacan algunhas veces o seu punto de vista persoal como contraste: pola miña banda creo, sospeito, afirmo, iso fíxome pensar que...

3.4. Con todo, tamén existe un estilo que poderiamos chamar de observador ou testemuña do que pasa, coma se non se implicase individualmente nin facendo parte do grupo: «O museo ten un porta alta, cunha figura no centro do vestíbulo tocando a cítara. Preséntase o guía cos seus dentes ameazando riso e explica...».

3.5. Algúns buscan un personaxe imaxinario ou real a quen contan a aventura, sendo en grao sumo variados os personaxes elixidos como destinatarios: un can, unha persoa amiga, unha flor, unha estrela, aos seus pais. Ou teñen ao mesmo diario como destino final, comezando os seus escritos coa frase típica: Querido diario...

3.6. Ás veces intercalan diálogos que toman da realidade, repetindo algunha conversación que oíron. A este grupo de recursos pertencen tamén os diarios que se constrúen a base de entrevistas.

3.7 Un recurso moi utilizado é o gráfico ilustrativo: un esquema, un debuxo, unha foto, un cartón postal, incluso unha mostra dunha folla, un mapa, un itinerario.

3.8. Con frecuencia o diario convértese en autobiografía, onde cada un vai descubrindo e describíndose a si mesmo: as cousas, os feitos, a paisaxe, os problemas, as situacións coas que se atopa non son máis que motivos para pór en reacción nosos propios gustos, valores, intereses, dificultades e ilusións na vida.

3.9. Outros recursos moi utilizados e que aparecen con diversa intensidade son os documentos que se engaden ao diario: un pequeno informe escrito que resume moi ben un aspecto dun porto, o testemuño dun personaxe, a transcrición dunha placa, unha lenda breve escrita, un refrán ou dito popular, unha anécdota significativa, unha pintada nunha parede, etcétera. Iso dálle relevo ao diario e resulta de gran interese.

n GÚRPIDE, C. El diario personal. Propuesta para la escritura. Ed. Pamiela.

n MERES, J. Un diario, seis protagonistas y alguna cosilla. Ed. Montena.

n LlENAS, G. Diarios de Carlota (diversos colores: azul, rojo...). ED. Alba

n FRANK, ANA. El diario de Ana Frank. Ed. Bolsillo.

n MEDIO, D. Diario de una maestra. ED. Castalia.

n HASKI, P. El diario de Ma Yan. Ed. Maeva.

n BONET, J. El diario íntimo. Ed. Decslée de Brouwer.

n ROWLING, J. Harry Potter y el cáliz de fuego. ED. Salamandra.