Patrocinado porPatrocinado por

Unha aposta polos menús ecolóxicos en Monforte

Francisco Albo
Francisco Albo MONFORTE/LA VOZ.

AGRICULTURA

O Grelo é un dos dous restaurantes galegos que participan nunha campaña gastronómica do Cragea

16 dic 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

O restaurante monfortino O Grelo é un dos dous establecementos galegos -o outro é o restaurante lucense España- que participan nunha campaña de promoción dos alimentos ecolóxicos que impulsa actualmente o Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega). Segundo o presidente deste organismo, José Antonio Fernández, outros negocios manifestaron o seu interese por participar esta iniciativa, pero preferían facelo durante a temporada baixa. «Por cuestións económicas, non puidemos comezar antes e a campaña coincidiu coa temporada de Nadal, polo que só estes dous restaurantes se sumaron á iniciativa este ano», engade.

A campaña foi presentada onte por José Antonio Fernández e os responsables do establecemento monfortino, que exhibiron unha mostra do menú ecolóxico que será ofrecido a partir desta semana. O presidente do Craega sinalou que tanto O?????Grelo como o restaurante España están entre os primeiros de Galicia que se interesaron polos alimentos ecolóxicos e que desde hai tempo viñan incluíndo nos seus menús pratos elaborados con este tipo de produtos.

A iniciativa dá continuidade a outras campañas similares que promoveu anteriormente o Craega. «A diferenza é que ata agora organizábanse con grupos de restaurantes e nesta ocasión faise de forma individualizada con cada establecemento», sinala Fernández. O consello regulador ten previsto retomar esta campaña o ano próximo. «Intentaremos comezar antes, de forma que coincida cunha temporada baixa, como piden a maioría dos negocios», apunta o presidente do organismo, quen espera por outro lado que os resultados que obteñan estes dous negocios animen a outros a apostar polos alimentos ecolóxicos.