Patrocinado porPatrocinado por

«Queremos introducir estes produtos nos comedores da Administración, nos hospitais e nos xeriátricos»

La Voz

AGRICULTURA

28 feb 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

Fernández considera moi importante «introducir os alimentos ecolóxicos nas canles de consumo social, é dicir, en comedores das administracións autonómica e local, residencias da terceira idade e mesmo hospitais. Esta medida está contemplada dentro do noso plan de promoción da agricultura ecolóxica de Galicia, que persegue mellorar o coñecemento; promover o consumo e a comercialización e mellorar a colaboración institucional e a xestión dos recursos. Neste ano que acaba de comezar o que pretendemos é crear unha imaxe de calidade certificada, promocionando as producións amparadas polo Craega e ofrecendo ao consumidor unha garantía de que estes produtos foron producidos ou elaborados baixo uns controis específicos».