Patrocinado porPatrocinado por

«As nosas campañas están espertando unha nova conciencia e interese polos alimentos ecolóxicos»

La Voz

AGRICULTURA

28 feb 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

Os centros educativos, os restaurantes e as superficies comerciais son os ámbitos nos que o Craega promociona os produtos ecolóxicos.

«Facemos -di- promoción da agricultura ecolóxica nos puntos de venda, que consideramos básica e coa que buscamos mellorar a comercialización dos produtos amparados pola nosa denominación; incrementar a implantación dos produtos ecolóxicos nos puntos de venta e proporcionarlles a estes as ferramentas e estratexias que faciliten a presentación e oferta de produtos ecolóxicos aos seus clientes. Tamén facemos promoción no sector da restauración. Empezamos no ano 2007 no Restaurante España, de Lugo, e no 2009 a campaña fíxose extensiva a todos os restaurantes do grupo Nove. Coa promoción dos alimentos ecolóxicos nos restaurantes pretendemos crear unha cultura de consumo de produtos ecolóxicos e incorporalos á carta dos restaurantes galegos. Non esquecemos tampouco os colexios. O Craega puxo en marcha no ano 2006 unha ambiciosa campaña co lema «Comer san = Eco-lóxico», que inclúe a elaboración de material didáctico destinado ao alumnado e ao profesorado dos centros e tamén aos pais. Estas campañas fan que esperte unha nova conciencia e un grande interese polos alimentos ecolóxicos».