Julio Cortázar en galego e para nenos

M.G.Villalobos

A CORUÑA CIUDAD

A editorial Kalandraka celebra o Día das Letras Galegas co lanzamento do relato «Discurso do oso».

15 may 2008 . Actualizado a las 20:12 h.

A editorial infantil e xuvenil Kalandraka presentou no entorno da semana das letras a primeira tradución de Cortázar en galego e para nenos.

A editorial celebra o Día das Letras Galegas e a semana na que se inscribe esta data co lanzamento da primeira tradución destas características.

O libro Discurso do oso, con ilustracións de Emilio Urberuaga e publicado tamén en portugués, é un relato que pertence ao libro Historias de cronopios y de famas, onde o autor arxentino reúne unha serie de relatos imposibles, co humor surrealista que caracteriza o seu estilo narrativo.

Outra das apostas de Kalandraka para este mes de maio é a tradución de Galego á beira do mar, de Juan Farias (A Coruña, 1935), unha obra na que o autor galego traza unha conmovedora historia chea de afecto, nostalxia e melancolía sobre as lembranzas dun ancián.

Outra das novidades que a editorial lanza co gallo do Día das Letras Galegas é o quinto volume da colección de ópera en galego para nenos Porgy & Bess.