Lalín será hoxe a sede das matemáticas coa xornada «Non mates as mates»
Hoxe Lalín convertese no epicentro das matemáticas coa chegada dunha xornada de divulgación chamada Non mates as mates. O encontro terá lugar na Praza da Vila e está organizado polo profesorado e alumnado da Facultade de Matemáticas da USC. Trátase dun acto de balde e que non require de inscrición previa. A actividade desenvolverase ao longo do día e contará con dúas partes. Pola mañá, entre as 11.00 e as 13.00 horas, realizaranse obradoiros divulgativos e xogos matemáticos dirixidos a tódalas idades. Pola tarde, de 20.00 a 21.30 horas, terá lugar un ciclo de charlas curtas divulgativas im ...
