Hai futuro

Fran Bouso O OUTEIRO DE MONDOFORTE

A MARIÑA

ANTÓN CAXOTO

Opinión

08 ago 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Oaudiovisual mindoniense gravou un rico pasado, pasa o presente con xeito e proxéctase cara o futuro. Aquí traio tres exemplos:

A realizadora e produtora Ruth Chao naceu en Mondoñedo no ano 1976. No seu haber ten a produción dos programas de televisión “Cazador de palabras” (2009) e “Bo Proveito” (2005) , das series de ficción “Avenida de América” (2002) e “Fíos” (2001), dos documentais “Radiografía dun autor de tebeos” (2010) e “Pluto: The Last Frontier” (2015) que tamén dirixiu. Como directora, asinou o documental “Is anybody out there?” (2015) do que ademais é coguionista xunto con Alphonse de la Puente e codirixiu, con Javier Silva, “2050” (2006), premio ao mellor documental na V edición dos Mestre Mateo. O seu último traballo titúlase “Life in outer space” (2016). Ruth é socia fundadora, xunto con Alphonse de la Puente, da produtora e distribuidora “Somadrome” que traballa no mercado internacional para as principais plataformas de emisión entre as que cabe destacar Discovery Channel, BBC, Foxtel, Aljazeera, Movistar+ ou TVE. As producións de “Somadrome” tratan contidos de actualidade, ciencia e coñecemento da natureza.

Os inicios do mindoniense Miguel García Fernández (1984) no audiovisual son como produtor executivo de “Contect@2” (2006), curtametraxe que narra unha relación amorosa a través de internet. Nese mesmo ano produce “Sin Plomo”, peza que obtén 32 nominacións en diversos festivais coas que acada 11 premios ademais de vender os dereitos de emisión a diferentes medios. É produtor executivo da curta “Houston”, realizada en colaboración co Festival de Cans e traballou como produtor, guionista e codirector do documental “Ferro ardendo”, unha peza que leva á pantalla as vivencias das rapas das bestas. “Pantin Classic” (2009), unha produción sobre o campionato do mundo de surf celebrado na comarca de Ferrolterra e “Paixón por Ferrol” (2010), unha ollada diferente da Semana Santa ferrolá son outros dous dos seus traballos como coprodutor e director. No 2011 realizou o documental “Lugnasad” que versa sobre a festa celta de Bretoña (A Pastoriza). Voltou á ficción con “Mr Smith and Mrs Wesson” (2012), unha curtametraxe de acción. “Pastoriza, un mar verde” e “Mercado medieval de Alfoz” son dous traballos nos que se implicou ao longo do 2013. Xunto con Álvaro Liste encárgase da realización de “As San Lucas. 860 anos de feira”, sobre as feiras máis antigas de Galiza.

Compostelán de nacemento, pero de pais mindonienses, Xián Freire (1987) é Técnico Superior en Son e Graduado en Comunicación Audiovisual. Traballou en filmes como “O bonito crime do carabineiro” (2009) e “Emilia Pardo Bazán, la condesa rebelde” (2011). Colaborou na realización das curtametraxes “Vento Ferido” (2015) baseada na obra de Carlos Casares e “Luscofusco” (2016). Na actualizade está a preparar a adaptación á linguaxe audiovisual da novela “Cando o gato mira de esguello”.