La Voz de Galicia

«A cidade xa non era igual que antes...»

Santiago ciudad

Santiago / La Voz

Fallado el concurso infantil de redacción y dibujo «Coñece o teu concello»

19 Jun 2022. Actualizado a las 19:53 h.

Ya apenas quedan en las redacciones retazos de la pandemia, pero aparecen los temores de la guerra en Europa. Se mantienen la Catedral, el Camino, la Alameda, las Marías, los colegios, las atracciones de las fiestas, especialmente la noria, entre otros clásicos de Santiago, como principales referentes de las vivencias de las niñas y niños que han aportado cientos de relatos (los escolares de 9 a 12 años de edad) y dibujos (hasta 8 años) en la nueva edición del certamen infantil Coñece o teu concello, organizado por La Voz de Galicia en colaboración con el Concello de Santiago y la Diputación de A Coruña. Todos los trabajos presentados, procedentes de los 25 municipios del ámbito territorial de la Delegación compostelana de La Voz, reúnen méritos para haber sido galardonados, pero solo podían ser tres en cada modalidad (un primer premio, al que corresponde un Ipad mini, así como un ordenador portátil para cada colegio, y tabletas para los dos accésits), lo que ha complicado mucho el fallo. La Voz agradece tan entusiasta participación y la implicación de los colegios y profesores.

En la modalidad de dibujo, el primer premio es para Alba Rodríguez Romero, de 8 años, alumna del CEIP Plurilingüe Cardeal Quiroga Palacios, de Santiago, por una emotiva, original y detallista recreación de la llegada de una pareja de peregrinos ante la Catedral. Los accésit corresponden a Eizan Guitián Martínez, de 8 años, alumno del CEIP Pío XII, de Santiago, por su dibujo de una calle del casco histórico con peregrinos caminando hacia la Catedral; y a Nicolás Varela Santiso, de 8 años, alumno del Colegio La Salle, de Santiago, por su «O triunfo da pedra», en el que recrea la Praza de Abastos compostelana.

 

Concurso de redacción

Primer premio

«Santiago no ano 2500»

 

«Santiago de Compostela» foi o primeiro que viu Alejo ao chegar a unha porta metálica que cubría o centro da maxestosa cidade, xunto a unha longa muralla. Estaba en letras vermellas, co fondo branco tirando a amarelo.

—«Vivaaa!!! —berrou Alejo— Cheguei. Inda non o podo crer...»

Tras dicir isto, Alejo buscou a forma de entrar na cidade.

«Piiiii, piii, pii». Alejo premeu un remache e produciuse un desagradable son. «Ñiñiñiiñi» (renxeron as grandes portas metálicas).

As portas abríronse ante el e pecháronse tras el.

Alejo alucinou!!! A cidade xa non era igual que antes. Tardara 400 anos en facer o Camiño de Santiago e agora a cidade estaba mecanizada.

Alejo, esgotado, ceou e foi a un hostal (creo recordar que se aloxou no Hostal dos Reis Electrónicos).

Á mañá seguinte, espertou, foi almorzar, vestiuse, baixou e foi ver a Catedral.

Levou unha decepción: tampouco era o mesmo ca antes. Agora chamábase C.A.T.=Centro de Alta Tecnoloxía.

—Pero que aburrimento. Cheguei moi tarde. Iso pásame por quedarme durmiii...

Ring, riiing, ring.

—Aaaaaa, maldito espertador...

Alejo baixou a almorzar e...

—Queeee!!!

Alejo aínda estaba nun hostal asturiano, non chegara ao seu destino, e aínda era o ano 2022. Andrés Fonseca Caínzos. 12 años. CEIP Pío XII. Santiago.

Accésit

«Cada quen recunque»

 

Penso que teño un superpoder, vexo Santiago dun xeito especial. É coma se levase lentes abracadabrantes, que me permiten ver a súa lexítima beleza.

O outro día, devagando pola Alameda, vin como naceu un pitiño. Así é Santiago: Vida.

Hai un tempo, nun dos recunchos enrevesados topei cun artista gracioso que me agasallou cun fermoso debuxo. Isto é Santiago: Arte.

Se fas o Camiño, atopas xaponeses, alemáns, brasileiros... vas facendo tropa e sen entendernos na fala rematas onda o Apóstolo cantando un alalá a ritmo Tanxugueiras. Santiago: Sen Fronteiras.

 

Esta é a miña visión deste meu concello, aldea universal na que todos contan e fan historia cunha sarabia de superpoderes, que a cada quen lle baten distinto, mentres que a uns lles dá por botar a outros nos dá por renunciar. Alexia Naranjo Jorge. 11 años. Colegio Manuel Peleteiro. Santiago.

 

Accésit

«As augas do Xallas»

 

Había unha vez un rapaz que se chamaba Manuel. Un día estaba paseando ao carón do río Xallas, quixo beber porque tiña moita sede e pasoulle algo incrible. Cando Manuel xuntou as mans facendo de cunca e colleu a auga para levar á boca, o río quedou seco completamente. Quedou sen auga!

Manuel asustouse e voltou a casa correndo. Contoulle aos seus pais o que lle pasara cando ía beber, pero eles non lle prestaron moita atención. Ao día seguinte o neno foi ao río de novo e fixo o intento de beber, cando de súpeto escoitou unha voz que lle dicía que el era o escollido como vixiante do río Xallas e que tiña como misión que as augas deste río foran as máis limpas e cristalinas do mundo.

Dende aquel día, Manuel encárgase de facer o percorrido do río dende o seu nacemento na parroquia de Bazar ata o Ézaro, onde desemboca nunha fervenza.

Grazas á colaboración de todos e a Manuel, a comarca do Xallas ten as augas máis transparentes e limpas do mundo. Aquí atopamos fervenzas coma a de Castriz, paseos fluviais en San Salvador e Esmorode, os muíños da Pereira, a presa da Xesteira en Arantón... onde se poden tomar baños, ir de merenda e pasear, gozando da beleza e da natureza xalleira. Aleixo Arán Montoya. 9 años. CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza. Santa Comba.


Comentar