Secciones

Tu edición

A inxustiza da desmemoria

La Voz de Galicia

Nunca esquecerei a imaxe de Jos Humberto Baena esttico, en branco e negro, na foto de DNI que ocupaba a pantalla do televisor. No abrente do 27 de setembro de 1975 fora fusilado por orde do mesmo ditador que situou a Espaa no eixe do mal durante a Segunda Guerra Mundial, logo de dar un golpe de Estado contra o rxime constitucional e democrtico da Repblica.

Nos seguintes corenta anos non cesaron as represalias contra quen perderon a guerra. O axustizamento do noso amigo e vecio foi o estertor dun rxime enfermo de odio. A sa irm Flor mantn vivo o empeo de sa nai e de seu pai, de que se revisen o xuzo e a sentenza de Peter, pois est probado que o mataron por un delito que non cometeu. Teno difcil porque, outros corenta e tres anos despois daquela ignominia, a ningun parece importarlle que saia luz a verdade.

Teads fallback - Discover inRead by Teads!

Escoitamos a catedrticos de historia e xornalistas argumentar en medios de comunicacin que durante o franquismo s se axustizaban criminais, nunha vaga de mentiras que certifica a deshonestidade acadmica, profesional e moral de quen as utiliza.

Lorca a mis coecida evidencia desta falacia, pero son milleiros as mulleres e os homes, vtimas da represalia poltica, torturados, encarcerados e asasinados durante a ditadura, e todos merecen que se saiba a verdade e se lles restita a honorabilidade. Os herdeiros de Goebbels repetirn as mesmas mentiras at que suplanten as verdades nesta xeira de fake news, onde os seus predicadores gobernan imperios, pases ou partidos polticos, pero no noso pas precisamos sandar as feridas con xustiza, recoecemento e -despois- perdn.

Sei que somos moitas as persoas moderadas que compartimos este sentimento e que non temos cornos nin rabo: a min, que me rexistren.

S van atopar demanda de respecto para os esquecidos e inxuriados e a peticin de unin para restiturmos a honra -non s, pero tamn- de Baena.

Por el e pola sa familia, smbolo necesario do triunfo da xustiza aqu e agora, na Galicia onde o coecemos, o quixemos e o seguimos a chorar.

Era membro do FRAP, pero estaba en Portugal o da que algun cometeu o crime de matar a un polica, polo que foi detido, sentenciado e fusilado.

Os recursos presentados para anular a sentenza non frutifican porque o consello de guerra que a emitiu anterior legalidade constitucional establecida en 1978.

Mentres tanto, nos libros de Historia, aquel rapaz que viva en Vigo preto do Seminario, estudara no Instituto Santa Irene, faca teatro en Esperpento, estudaba en Compostela e tivo a ousada de pensar que tia dereito -como tantas de ns- a facer poltica contra un rxime ilegal que prohiba, precisamente, facelo dentro das institucins, seguir aparecendo como un infame criminal.

A amnesia o trastorno, non a solucin. Como cada 27 de setembro, Baena ser recordado no cemiterio civil de Pereir.

Tags:
Ver Comentarios