Secciones

Tu edición

«Quero ser a primeira muller dunha longa lista»

Marta Felpeto, pregoeira hoxe das festas de Vilalba, é pioneira en formar parte da directiva da Federación Europea e Internacional de Piragüismo

La Voz de Galicia

Marta Felpeto Lamas é xuíza internacional de piragüismo, un deporte que lle permite viaxar moito, pero tamén supón estar lonxe da casa. O que nunca se quere perder «porque sinte que lle falta algo se non vai» son as festas do San Ramón de Vilalba, nas que hoxe será a pregoeira.

?Como será o pregón?

?Pois falarei das festas de Vilalba, pero tamén de cousas que son importantes para min, como é o deporte e todas as cousas que aporta. Creo que o deporte tivo un crecemento espectacular en Vilalba durante os últimos anos.

?O San Ramón é unha festa que non quere perderse por nada do mundo

Teads fallback - Discover inRead by Teads!

?É un punto de encontro coas persoas. Cando vivía en Vilalba igual non lle daba tanta importancia, pero dende que estou fóra, o San Ramón é a forma de manter os vínculos cos familiares e amigos que hai un ano que non ves. Actualmente vivo en Catoira e, polo meu traballo, teño que viaxar moito, así que o San Ramón non mo quero perder. Algún ano que non puiden ir, sentía que me faltaba algo. Son cousas que soamente valoras cando marchas da casa.

? A súa vida está moi vinculada ao piragüismo

?Eu creo que o deporte é un estilo de vida. Eu non entendería a miña vida sen estar vinculada ao deporte. Descubrín o mundo do deporte cando cheguei a Catoira. Detrás do deporte hai moitos heroes. Moita xente cre que o deporte soamente son os deportistas, pero para que esto funcione ten que haber moita xente ao redor. Ademais, non temos unha estrutura firme con financiación e con recursos. Aquí hai moita filantropía.

?Pódese vivir do deporte?

?Estamos na busca constante de recursos. A maioría dos adestradores teñen que ter outro traballo. Se seguen no deporte non é por unha cuestión económica, moitas veces é compromiso persoal dun adestrador cos seus chavais para adestrar con eles e levalos ás competicións.

?Foi a primeira muller española en formar parte da Xunta Directiva da Federación Europea e da Federación Internacional

?Creo que é necesario que as mulleres empecemos a entrar nos órganos de decisión. Temos unha asignatura pendente porque o certo é que para as mulleres é moito máis difícil. A min gustaríame ser a primeira dunha longa lista.

?Formou parte dun estudo financiado polo Consello Superior de deportes sobre o abandono do deporte das mulleres piragüistas.

?Cando empecei na Federación, unha cousa que nos preocupaba bastante era o escaso número de licenzas femininas e a elevada tasa de abandono. Decidimos realizar este estudo como un diagnóstico da situación para poder tomar medidas. Atopamos resultados que nos deixaron sorprendidos sobre o que significaba para as persoas este deporte e os seus valores.

?Que descubriron no estudo?

?O dato máis curioso é que o 99,9 % das mulleres que deixaran o piragüismo querería que a súas fillas e fillos o practicase. Isto é unha pista sobre o positivo que é este deporte, incluso para todas as persoas que tiveron que abandonalo.

?Tendes algún resultado sobre as causas de abandono no piragüismo?

?As causas son moi diversas. Trátase dun deporte moi esixente porque nós non temos unha liga diferenciada por niveis. Algunhas mulleres indicaron que sería importante incrementar a valoración social das mulleres piragüistas e loitar por visibilizalas. Estamos traballando nesa vía.

? Cal é a situación das mulleres piragüistas?

?Creo que, nese sentido, o piragüismo está moi ben. Estou nunha Federación na que creo que é fácil ser muller. Noutros deportes, a situación é peor, pero tampouco os coñezo tanto como o piragüismo.

?Como se viven as competicións internacionais sendo xuíza?

? Estamos moi amparados pola tecnoloxía, así que hai unha marxe moi pequena á discrecionalidade do xuíz. Aínda así sentes a presión, imaxínate que cometes un erro...

?Moita presión, pero tamén emoción, non?

?Agora mesmo estou no campionato do mundo, escoitas o ruído? Espera que abro audio... o que escoitas son os afeccionados españois. Somos un equipo pequeno, pero temos peso.

 

Tags: Piragüismo Vilalba Fiestas de Vilalba Catoira
Ver Comentarios