Secciones

Tu edición

Stefan Zweig tira de talento

Considerado un clsico da literatura europea e editado orixinalmente no ano 1927, o escritor austraco segue a sorprender tantos anos despois pola exhibicin, en ocasins fascinante, que fai do seu talento narrativo

La Voz de Galicia

Stefan Zweig (Viena, 1881-Petrpolis, 1942) escribiu unha nota, antes de suicidarse coa sa esposa Lotte, na que lle desexaba aos seus que puidesen ver o amencer da longa noite porque el, impaciente de mis, xa marchaba. Non resulta nada estrao nunha persoa zarandeada por unha vida intensa e cosmopolita que abrazou, sempre, slidas conviccins pacifistas e tolerantes. Algo disto se deixa ver nestes Momentos estelares da humanidade, trados ao galego da man de Laureano Araujo, cando na derradeira destas chamadas miniaturas histricas, concretamente na que se centra no labor que o presidente norteamericano Wilson levou a cabo para conclur un acordo de paz na Primeira Guerra Mundial, apunta profeticamente que a deslealdade causa deslealdade, a violencia xera violencia.

A frmula que emprega Zweig sinxela: velaqu catorce momentos en que a decisin de algun cambiou ou modificou os ventos da historia.

Teads fallback - Discover inRead by Teads!

E faino nese gume que mestura ficcin e realidade, ou cando menos unha realidade en aparencia verosmil e certeira, onde un non sabe se o mis relevante o que conta ou, se cadra, como o conta, pois non doado moverse cunha habilidade tal que revela unha capacidade fabulosa para reconstrur espazos e atmosferas diversas, mais tamn para reflectir comportamentos conmovedores da propia condicin humana, sempre atento s traxedias nas vidas e nos pobos que fai repousar nos avatares e decisins puntuais de figuras tan diversas como Tolstoi, Dostoievski, Cicern ou Lenin, e noutras moito mis esquecidas como as de J.A. Suter, que perdeu California pola febre do ouro ou as de Cyrus W. Field, que comunicou con cable telegrfico Amrica con Europa.

Vidas, en fin, nas que sempre hai luces e sombras e que o autor nunca oculta, e que visitan acontecementos histricos desde outro punto de vista.

O propio Stefan Zweig, non dubido que sen pretendelo, fecunda o esprito desde libro: Unha obra de arte pode ser esquecida pola sa poca, pode ser prohibida e introducida nun cadaleito, pero a esencia sempre consegue imporse vitoriosa ao efmero.

Tags: Arte Literatura California
Ver Comentarios