Secciones

Tu edición

A derradeira vaca de Lucenza

Alfonso Eir rende a sa particular homenaxe a un animal que forma parte do ADN galego, desde os tempos da economa de subsistencia, nunha obra que serpea entre o humor, a tenrura e mesmo a traxedia

La Voz de Galicia

Se a vaca xa ocupou, como smbolo, a narrativa de Rivas, e como protagonista outras obras de Atxaga ou Marilar Aleixandre, sospeito que Afonso Eir, excelente coecedor do mundo rural, quixo con esta obra render dous recoecementos. Un sera o que parte do propio ttulo da novela, que fai pensar, inequivocamente, no clsico de Neira Vilas, do que esta resulta, ao meu ver, un excelente complemento ou continuidade, salvando as diferenzas, como son o perodo retratado e o singular protagonismo que non fai recaer nun animal calquera, como ben dixo Castelao, senn, como se insiste en todo o libro, nun animal multifuncin que rescata do seu libro Eu tamn fun coas vacas(2001): vela a Cachorra, unha vaca maioral da casa, unha vaca marela de raza rubia galega. Neste sentido cobra relevancia un sincero e transparente tributo a un universo en transo, simbolizado nun animal totmico, e recreado a travs dun brillante rexistro lingstico que serpea polo humor, a sorpresa, a indignacin, a tenrura ou, mesmo, a traxedia.

Teads fallback - Discover inRead by Teads!

A segunda homenaxe dervase do anterior. Cachorra un animal domstico con memoria, e desde ese atribucin vai mis al de revelar a sa chegada ao mundo ou a sa conversin nun animal querido e necesario, con personalidade propia, que se reafirma con orgullo como insubstituble e dona dunha filosofa que talvez s ns entendamos. A protagonista testemua os cambios que sente no seu propio lombo e que van desde as vivencias nunha explotacin tradicional e de subsistencia ata aqueloutras propias dunha explotacin tecnoloxizada e industrial, marcada pola rendibilizacin dos produtos lcteos, mudanzas responsables de que xa non sexa precisa ou, cando menos, non tan precisa. Esas modificacins dos ritmos e da concepcin dos traballos foron, dalgn xeito, a gran parte da sociedade rural galega dos ltimos anos, polo que este libro , asemade, un excelente e honesto testemuo, ofrecido con singularidade desde un punto de vista indito como o da derradeira vaca da casa de Lucenza: esa que imaxinamos afouta, fiel e de lnguidas e cmplices olladas.

Tags: ADN
Ver Comentarios