La Voz de Galicia

A cousa anda cambiante, igual que lle pasa ó tempo

Malpica de Bergantiños

Lupe blanco

Nova entrega da regueifa semanal a cargo da coristanquesa Lupe Blanco

16 Jun 2018. Actualizado a las 05:00 h.

Buenos días coa regueifa

que improviso no momento

a cousa anda cambiante

igual que lle pasa ó tempo

 

E fágovos un repaso

que a cousa hai que contala

isto é o destacado

do que pasou na semana

 

Hoxe vai todo de cambios

que disque vai vir o verán

por iso Carballo cambia

polas festas do San Xoán

 

 

Que sacou Evencio o bando

para os que vivides nos pisos

podedes asar sardiñas

que vos van dar o permiso

 

Pero disque hai que avisare

día e hora do asado

así algún do Concello

xa se dá por invitado

 

E de cambios vai a cousa

isto sempre baixa e sube

que hai parroquia dividida

por culpa da «be» ou da «uve»

 

Eu coñezo o lughare

en Verdillo teñen tema

se lle puxeran Piñeiros

acabábase o problema

 

O problema teno Lires

e prestádeme atención

disque hai unha semana

que non ven a televisión

 

 

Pasa o cable pola ría

por extraño que pareza

conectada no privado

o carallo é que a vexan

 

E vamos seguir cambiando

que xa está aí o verán

eu invito a que vaiades

a Malpica a San Hadrián

 

Volvo co vocabulario

pode que tivera un bache

que quedo moi pensativa

de saber se é con hache

 

Xa vos dou a despedida

de parte da regueifeira

as letras están para usalas

que as lean como queiran


Comentar