La Voz de Galicia

Achegamento á represión franquista en Vilagarcía

Vilagarcía de Arousa

r. estévez

A cita, hoxe no Faiado da Memoria

12 Sep 2018. Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • 20 horas • Local O Faiado da Memoria • Nun tempo no que moitos receitan amnesia, a Iniciativa Cidadá pola Memoria Histórica de Vilagarcía está empeñada en manter o foco sobre as infernais inxustizas que deixou tras de si a Guerra Civil e o franquismo. No contexto dese exercicio de memoria colectiva, hoxe celébrase no local do Faiado da Memoria unha charla coa que se pretende poñer un pouco de luz sobre as sociedades agrarias na vila, a represión sufrida por moitos durante a Guerra Civil, e as vivencias dos presos da bisbarra no penal San Cristóbal, en Pamplona. Esta charla será impartida por Anxo Doval, a quen lle dará o relevo, mañá, Santiago Macías. Falará tamén as oito da tarde, tamén no Faiado da Memoria.

 


Comentar