Secciones

Tu edición

Un obradoiro de xoguetes para cativos e maiores

A iniciativa desenvolverase en Valga, da man da Deputación

La Voz de Galicia

O obradoiro de creación de xoguetes tradicionais, que se desenvolverá durante outubro e novembro no auditorio de Cordeiro, dentro do programa provincial «Tecendo Lazos», ten aberto o prazo de inscrición ata o vindeiro 26 de setembro. A actividade deberá contar cun mínimo de dez persoas e un máximo de trinta, das cales o 40% terán que ser menores, xa que un dos seus obxectivos é favorecer o contacto interxeracional no ámbito do tempo libre e do lecer, e fomentar a aprendizaxe e o intercambio de ideas e valores. A actividade será os mércores pola tarde.

Teads fallback - Discover inRead by Teads!
Etiquetas: Valga