Secciones

Tu edición

Valga dá os primeiros pasos para a reapertura da biblioteca da vila

Contará cunha superficie de máis de 150 metros cadrados, o que permitirá aumentar os fondos bibliográficos

La Voz de Galicia

O Concello de Valga adxudicou á empresa Sólida Soluciones Integrales o subministro do equipamento preciso para a posta en funcionamento da nova biblioteca municipal de Valga, que se emprazará no Edificio de Usos Administrativos, na praza Manuel Vicente Cousiño. Este edificio xa albergou anteriormente a biblioteca municipal que, debido ás obras de rehabilitación que se están a executar, tivo que ser trasladada de maneira provisional á Casa da Cultura de Valga. Alí non se dispón de espazo suficiente para o centro de lectura, que non pode, polo tanto, desenvolver a súa actividade de maneira óptima.

Teads fallback - Discover inRead by Teads!

A nova biblioteca contará cunha superficie de máis de 150 metros cadrados, o que permitirá aumentar os fondos bibliográficos.

Tags: Valga
Ver Comentarios