La Voz de Galicia

Queixa ante a Valedora do Pobo por un contrato de traballo social en Ribadumia

Ribadumia

ribadumia / la voz

O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia denuncia irregularidades no proceso de contratación levado a cabo no Concello

28 Mar 2023. Actualizado a las 16:35 h.

O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG) presentou unha queixa ante a Valedora do pobo para instar ao Concello de Ribadumia a facilitar a documentación relativa aos procesos de contratación da praza de traballo social.

Este Concello realizou nos últimos anos varios procesos de contratación dunha praza de traballo social co obxectivo de cubrir a situación de incapacidade temporal da persoa titular da mesma. «Non obstante, de acordo co que as persoas colexiadas trasladaron ao COTSG, os procedementos sufriron múltiples irregularidades, entre elas, a falta de publicidade do proceso», segundo informa o colexio, que hai dous anos pediulle ao Concello ata en tres ocasións documentación sobre este proceso, sen ter recibido resposta, segundo indican as mesmas fontes.


Comentar