La Voz de Galicia

Visita aos petroglifos de Catoira

Arousa

La Voz catoira

A actividade contou coa participación de  máis 40 persoas

03 Apr 2022. Actualizado a las 21:00 h.

Catoira conta cunha gran riqueza rupestre e para conmemorar o 67º aniversario da visita do pai da arqueoloxía galega Ramón Sobrino Lorenzo?Ruza ó concello, a Anpa de Catoira realizou hoxe unha andaina que se inicio no adro das festas de Catoira e rematou no entorno das Torres de Oeste. A ruta de 5 quilómetros e de tres horas de duración permitiu ás máis de 40 persoas inscritas, a maioría familias do colexio de Catoira, coñecer os petróglifos da Finca Tallariña, Barral, Pedra dos nenos e As Torres, cunha parada ó Centro de Activación Cultural Torres de Oeste. A actividade contou cá colaboración de Cristina Conde Escaloni (veciña do concello) e o Colectivo A Rula (Santiago) que explicaron o simbolismo e a importancia da conservación dos gravados.

A iniciativa da andaina foi resultado dun mapa trazado por Os Penoucos e o seu proxecto de patrimonio colectivo obaixoulla.gal e tamén a través dun libro editado polo Colectivo A Rula no que Cristina Conde Escaloni coñeceu a figura do pai da arqueoloxía galega e a súa visita a Catoira o 3 de abril de 1955.


Comentar