Secciones

Tu edición

Morison, Monteagudo e Dacosta, fóra das medallas do Mundial Universitario

Os tres padexeiros arousáns disputaron sete finais A en Hungría

La Voz de Galicia

Tres arousáns disputaron desde o venres ao domingo da pasada semana o Campionato do Mundo Universitario de Piragüismo en Hungría coa selección española, finalizándoo coa súa presenza en sete finais A, sen podio.

Teads fallback - Discover inRead by Teads!

Na xornada de clausura, a pontecesureña Camila Aldana Morison asinou un sexto posto no K-2 200 xunto con Míriam Vega, e un quinto co K-4 500, no que ambas palearon ademais con Estefanía Fernández e con Elisa Zapata; a barbanzá das Torres-Romaría Vikinga Raquel Dacosta foi sétima no C-1 200 e quinta no C-2 500 con María Ramal; e o meisino Iago Monteagudo sexto no K-4 500, mesmo posto co sábado no K-4 1.000, día no que rematara ademais quinto no K-2 1.000 con Pol Busquets.

Tags: Piragüismo Hungría Pontecesures Meis
Ver Comentarios