Secciones

Tu edición

Os populares de Ribadeo critican que se volva subir o IBI, «esta vez un 8%»

"O Goberno local di que é por un erro, pero nós non nos cremos neste tipo de erros", di Jesús López Penabad

La Voz de Galicia

O PP en Ribadeo critica que «o equipo de goberno volva subir o Imposto de Bens Inmobles (IBI), nesta ocasión nun 8 por cento».

Teads fallback - Discover inRead by Teads!

O portavoz do PP ribadense, Jesús López Penabad, explica que «se abre o prazo para pagar o IBI e vese o que dixemos no seu momento, sobe o 8 %; o Goberno local di que é por un erro, pero nós non nos cremos neste tipo de erros. O ano pasado houbo un catastrazo e ao final os ribadenses tiveramos que pagar toda esa subida, ese ordenamento novo dos prezos do catastro. Entón o alcalde comprometeuse a que durante os seguintes anos non ía subir, pero agora está faltando á súa palabra. Din que por un erro, pero cos anos que levan gobernando se cometeron un erro deste tipo é que non aprenderon nada», sinala López Penabad.

Tags: IBI A Mariña Ribadeo
Ver Comentarios