La Voz de Galicia

O BNG de Viveiro lamenta que non se declare persoas non gratas a «La Manada»

A Mariña

viveiro / la voz

O PSOE argumenta que xa amosou o su rexeitamento noutro pleno no mes de xuño

11 Sep 2018. Actualizado a las 05:00 h.

O BNG de Viveiro lamenta que non se declare no pleno persoas non gratas aos membros de «La Manada», como propoñen os nacionalistas.

«O PSOE de Viveiro -expresan desde o BNG- evita declarar persoas non gratas aos membros de La Manada xa que, segundo eles, xa amosaron o seu rexeitamento nun pleno o pasado xuño. Neste último pleno non se falou en ningún punto sobre declarar persoas non gratas a estes violadores, nin tan sequera se acordou tomar ningunha medida real nin directa que amose o rexeitamento destas prácticas no concello. Dende o BNG de Viveiro, cremos que o Concello de Viveiro ten que dar exemplo e rexeitar este tipo de prácticas, e tamén aos seus causantes», conclúen os representantes nacionalistas na corporación de Viveiro.


Comentar