Secciones

Tu edición

Os socialistas melloran a N-642 con 2,8 millóns

«Cando chegamos ao Goberno triplicamos o investimento para actuar en toda a estrada da costa», din

La Voz de Galicia

O secretario xeral do PSOE en Lugo, Álvaro Santos; a subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, e o presidente da Deputación, Darío Campos, xuntáronse onte en Foz para presumir de ter triplicado o investimento, ata 2,8 millóns de euros, para mellorar a estrada xeral da costa na Mariña desde que hai só uns meses chegaron ao Goberno do Estado.

«Cando os socialistas chegamos ao Goberno central triplicamos o investimento inicial previsto polo PP -para un simple bacheo- para mellorar toda a estrada; niso estamos, continuarán as actuacións con outros 1,3 millóns de euros», sinalaba Álvaro Santos.

Teads fallback - Discover inRead by Teads!

«Sempre defendemos a necesaria mellora da N-642 xunto a todos os nosos veciños da Mariña, pois o PP nin tan sequera fixo os traballos de conservación, facendo que o estado da vía que vertebra toda a comarca da Mariña estivese practicamente intransitable con baches e ata con cráteres. O noso traballo continúa agora co impulso da tan necesaria autovía da Mariña da que nos privou o PP», declaró Santos.

Melloráronse ata o momento treitos nos concellos de Barreiros, Foz, Burela e Cervo, en peor estado da N-642 (había baches de 10 centímetros). A rehabilitación integral da estrada da costa continuará nas vindeiras semanas con outros 1,3 millóns, nuns 20 quilómetros máis.

Tags: Álvaro Santos PSOE Darío Campos A Mariña Foz Burela Cervo Barreiros
Ver Comentarios