O colexio Montesol de Vigo gaña o premio Galicia da 29.ª edición de Voz Natura

M. Simón Gómez
Premio Galicia: CPR Montesol. «El planeta habla, ¿tú actúas?». Neste centro de Coia, en Vigo, xa saben o que é gañar un premio Voz Natura porque o ano pasado recibiron o galardón ao mellor proxecto da provincia. Na imaxe, o alumnado limpa a praia de Samil, unha das moitas actividades que lle valeron a máxima distinción

Tres dos sete galardóns do curso van para centros vigueses, o concello con máis participación

05 jun 2026 . Actualizado a las 05:00 h.
Premio Galicia: CPR Montesol. «El planeta habla, ¿tú actúas?». Neste centro de Coia, en Vigo, xa saben o que é gañar un premio Voz Natura porque o ano pasado recibiron o galardón ao mellor proxecto da provincia. Na imaxe, o alumnado limpa a praia de Samil, unha das moitas actividades que lle valeron a máxima distinción
Premio provincia de A Coruña. CEIP Agro do Muíño. «Agronautas orbitando en verde». As dunas de Corrubedo, as Fragas do Eume, a praia de Aguieira ou o río Tambre estiveron no punto de mira dos cativos desde centro de infantil e primaria de Ames. Un amplo proxecto multidisciplinar no que tamén coidaron o seu invernadoiro e fixeron obradoiros ambientais e investigacións
Premio provincia de Lugo. CPI Virxe do Monte. «Actúa xa!». Un proxecto «sensible e participativo» levou o premio de Lugo para este colexio de Cospeito. Coidaron a súa horta, fixeron compost, reciclaron, recolleron lixo na súa contorna e estudaron a biodiversidade na súa charca escolar. Tamén coidaron e protexeron a lagoa de Cospeito, un extenso humedal que estudan cada ano
Premio porvincia de Ourense. CPR A Inmaculada. «Só temos un». Na cidade de Ourense, os rapaces e rapazas deste centro idearon solucións innovadoras para paliar as consecuencias da crise climática. Crearon espazos verdes, promoveron o aforro enerxético, reciclaron, limparon e coidaron os ecosistemas máis próximos, e substituíron especies invasoras por outras auctóctonas
Premio provincia de Pontevedra: CPR Divino Salvador. «Coidemos o planeta». O gañador é un centro de Coruxo, en Vigo, cun proxecto cooperativo, con moitas colaboracións como a da comunidade de montes local para unha plantación de 160 árbores. Presentaron os seus xardíns e a súa horta ás familias e estudaron a fauna e flora intermareal, entre outras moitas actividades.