Imaxes do Belesar de antano

O camiño dos codos e o emparrado da Casa de Valladares. A ponte e a beira chantadina da aldea, nunha foto sacada dende A Laranxeira. Falta a actual estrada, construída en 1927. A vía cara Chantada era o camiño romano dos codos que a partir da Casa de Valladares (na foto, no alto da aldea) partía baixo un rechamante emparrado que daba sombra aos camiñantes

03 mar 2017 . Actualizado a las 05:00 h.
O camiño dos codos e o emparrado da Casa de Valladares. A ponte e a beira chantadina da aldea, nunha foto sacada dende A Laranxeira. Falta a actual estrada, construída en 1927. A vía cara Chantada era o camiño romano dos codos que a partir da Casa de Valladares (na foto, no alto da aldea) partía baixo un rechamante emparrado que daba sombra aos camiñantes
Augamil. A zona de Augamil na beira do Saviñao, foi o lugar que escolleu o fotógrafo para ver a vella ponte e a casa de Valladares e o curioso chopo ou ciprés que se ve ao pé do río
Toda a parte do Saviñao. Nestra foto tomada dende a curva de Soto, vese toda a aldea do Saviñao e a chamada Casa dos Coletes (a primeira pola esquerda)
O mellor lugar para as lampreas. 200 metros augas arriba da desembocadura do río da Santa Lucía están Os Poexos, un gran penedo que parece fendido en dous. Formaban una illa no Miño na que a auga pasaba polo medio cando había chea. Era un dos mellores lugares para coller lampreas, pero un pouco perigoso. A foto está sacada no 2003, durante unha baixada de nivel que as deixou á vista
Encoro en construción. Nesta imaxe dos anos 50 vese á familia da Casa do Paradela na súa lancha. Están xunto á presa dos Peares aínda co encofrado sen retirar porque, daquela estaba en construción
A antiga ponte. A vella ponte co seu arco central de medio punto entre outros de oxiva, todos eles de enormes perpiaños da boa pedra de granito desa zona do Miño
Antes granxa, hoxe adega. Belesar ao pé do río e A Ermida, outra aldea da parroquia de San Bartolomeu de Belesar na que domina o verde dos prados e as mazairas na ladeira do río de Santa Lucía. Na parte de abaixo desta aldea e ao pé da estrada da estrada está a vella Granxa da Ermida, que hoxe alberga unha importante adega