O grupo Leilía anuncia a súa despedida dos escenarios. 23/11/2023XOAN A. SOLER
Estrella, xunto ao seu marido e o seu fillo, no ultramarinos, ferretería, bar e cafetería que rexenta en O Pino. 24/11/2023XOAN A. SOLER
Xesus Alonso Montero charla animadamente con Amancio Prada no seu acto de homenaxe organizado pola USC. 29/11/2023Sandra Alonso
Alberto Varela, alcalde de Vilagarcía, con Lara Méndez, alcaldesa de Lugo, observan o proceso electoral na XI asamblea da FEGAMP na que saíu elexido presidente. 06/12/2023Sandra Alonso
Representación dunha das obras finalistas do certame de teatro Xuventude Crea no salón Teatro de Santiago. 05/12/2023Sandra Alonso
Ismael Nogareda co seu loro Julio paseando polo casco histórico santiagués. Grazas a Julio este xoven con autismo, veciño de Dodro volve a sair a rúa. 21/11/2023XOAN A. SOLER
Gaivotas recicladoras en A Coruña. 21/11/2023MARCOS MÍGUEZ
Unhas palomas comen os restos dun almorzo nunha terraza de Santiago. 23/11/2023XOAN A. SOLER
O Vicedo celebra o Samaín. 31/10/2023PEPA LOSADA
Día de difuntos no cemiterio de Viveiro. 01/11/2023PEPA LOSADA
Imagen de archivo de un grupo de peregrinos paseando por la Alameda.Sandra Alonso
O río Tambre na area recreativa de Sigüeiro a piques de desbordarse tralo paso das borrascas do mes de Novembro. 06/11/2023Sandra Alonso
Formación de neboa na praia da Area en Viveiro. 15/11/2023PEPA LOSADA
A calma chega á ría de Viveiro. 26/11/2023PEPA LOSADA
Bombeiros comarcais simulan queimarse ao bonzo na praza do Obradoiro para denunciar o trato da Xunta e as Deputacións. 17/12/2023PACO RODRÍGUEZ
Mulleres reais para promocionar a tenda de lencería Sensualtisse en Dena. 28/11/2023MONICA IRAGO
O desfile da escola de deseño de moda galega Esdemga volve a sorprender. 24/11/2023RAMÓN LEIRO
A borrasca Domingos provoca un embolsamento de auga na N-634 en Mondoñedo e queda un carril cortado durante boa parte do día. 04/11/2023PEPA LOSADA
Un camión engancha os cables do tendido eléctrico e tira un cruceiro en Castrelo. 27/11/2023MONICA IRAGO
O outono nos viñedos das Rías Baixas. 24/11/2023MONICA IRAGO
Festa do San Martiño na carballeira de Francos de Teo. 11/11/2023PACO RODRÍGUEZ
Visita de alumnos de primaria á exposición «Maldita Silueta» que está na sala Pazo Torrado. 24/11/2023MONICA IRAGO
José Antonio Otero, gandeiro na aldea de Tarrío de Buxergos en Monterroso, sofre de novo un ataque do lobo na súa explotación. 03/11/2023ALBERTO LÓPEZ
Nesta ocasión José Antonio perdeu 40 ovellas nun so ataque. 03/11/2023ALBERTO LÓPEZ
Carreira popular do San Martiño en Ourense. 12/11/2023Santi M. Amil
Lotería do nadal no bar O Morto de Ribadavia. 11/11/2023Santi M. Amil
Actuación da charanga Los Támega nos magostos de Ribadavia. 11/11/2023Santi M. Amil
Magostos en Montealegre. 11/11/2023Santi M. Amil
O gran caudal dos ríos nos primeiros días de novembro facía das Fervenzas do Barosa, en Barro, un espectáculo moi visitado polos camiñantes. 11/11/2023RAMÓN LEIRO
Tormenta sobre o aeroporto Rosalía de Castro - Lavacolla-. 02/11/2023XOAN A. SOLER
Mariscadoras a pé da Illa, loitan contra as ondas mentras faenan durante a borrasca Cirian. 02/11/2023Martina Miser
As praias da ría de Arousa están ateigadas de marisco morto por culpa da baixa salinidade da auga. 14/11/2023Martina Miser
O encoro de O Con, en Vilagarcía, alcanzaba o límite da súa capacidade tralas últimas choivas. 14/11/2023Martina Miser
As choivas dan paso aos cogumelos. 26/11/2023PEPA LOSADA
Concentración en contra da amnistía en Pontevedra. 12/11/2023RAMÓN LEIRO
A Escola de Restauración de Pontevedra, de onde saen os futuros conservadores e restauradores, abre as súas portas para reivindicar a profesión. 16/11/2023RAMÓN LEIRO
Un fungo medra no talo dunha árbore recuberta de musgo. 14/11/2023Martina Miser
Momento no que os axentes medioambientais da Xunta capturan un xabarín que entrara no recinto da Escola de Imaxe e Son de A Coruña. 10/11/2023MARCOS MÍGUEZ
Antonio Correa, responsable de BackHome, nunha das propiedades que vende a súa axencia. Trátase de unha vivenda en Linares Rivas que costa case dous millóns de euros, a segunda máis cara de A Coruña. 05/11/2023MARCOS MÍGUEZ
Os participantes do acordo de colaboración entre Fisterra e Nachikatsuura lidiando co temporal diante do castelo de San Carlos de Fisterra. 04/11/2023Ana García
Forte oleaxe na praia de Rebordelo en Cabana de Bergantiños, en plena alerta vermella no mar. 11/2023Ana García
Pescadores mostrando parte das súas capturas do día no Porto de Malpica, un dos portos de baixura máis importantes de Galicia. 09/11/2023Ana García
Espectacular imaxe da fervenza do Ézaro en Dumbría despois das últimas choivas. 11/2023Ana García
Comentarios