0
Ao Faro
Facebook
0
WhatsApp
0
Ista é unha das familias dos máis dos 2000 senegaleses rexistrados en Galicia. Ousmane viaxou a Europa só. Dende neno viviu do mar e iso permitiulle atopar un traballo pronto e conseguir permiso de residencia. Tras anos de aforro comprou un billete de avión para a súa muller, Oumy. Hoxe teñen dous fillos en común, Maimuna e Baye
La Voz de Galicia
PAULA QUIROGA
06/11/2020 11:43 h
Nos instantes previos ao amencer os peixes teñen máis actividade e caen nas redes. Ousmane aproveita a espera para rezar na cuberta. A Coruña, setembro 2020.
PAULA QUIROGA
Oumy dorme a sesta do domingo xunto ao seu marido. Durante a semana non se ven. Ela traballa nunha conserveira e chega a casa no momento en que Ousmane se levanta para ir «á mar». A Coruña, setembro 2020.
PAULA QUIROGA
Amencer na cuberta. A Coruña, agosto 2020.
PAULA QUIROGA
Captura sobre a cuberta. En Bassoul, Ousmane pescaba gambas e mariscos nun barco de propietarios españois. Os seus primeiros anos en Europa pescou nas costas francesas e no Gran Sol. En 2007 comezou a traballar en Bilbao para pouco despois asentarse na Coruña coa súa familia. A Coruña, agosto 2020.
PAULA QUIROGA
Maimuna axuda a Baye cos deberes. Os dous irmáns naceron e viviron na Galicia mariñeira. Hoxe son dos poucos nenos que conservarán a memoria desa Galicia no futuro. Unha visión do mundo que os mantén ancorados a unha madurez pouco habitual a súa idade. A Coruña, setembro 2020.
PAULA QUIROGA
Baye fai os seus deberes nos «Cuadernillos Rubio». A Coruña, setembro 2020.
PAULA QUIROGA
Baye xoga no corredor da súa casa. Na parede colgan os calendarios mensuais da mesquita. A Coruña, setembro 2020.
PAULA QUIROGA
A TVG soa de fondo entre charlas familiares na segunda lingua de Senegal, o wolof. En ocasións falan en galego cos seus fillos. O pequeno está encantado de facer de profesor de idiomas dos seus pais. A Coruña, setembro 2020.
PAULA QUIROGA
Oumy cociña «thieboudienne», un prato senegalés a base de arroz e peixe. A Coruña, setembro 2020.
PAULA QUIROGA
Ousmane prepara unha bebida doce de Bissap e un té con menta. A Coruña, setembro 2020.
PAULA QUIROGA
Nai e filla poñen a mesa. A Coruña, setembro 2020.
PAULA QUIROGA
Maimuna vístese para o seu aniversario. Os días especiais usa roupa que a súa avoa materna cose e envía dende Senegal. A Coruña, setembro 2020.
PAULA QUIROGA
Ousmane contempla o amencer. A Coruña, agosto 2020.
PAULA QUIROGA
Barco pesqueiro de baixura no que traballa Ousmane. A Coruña, setembro 2020.
PAULA QUIROGA
Comentarios