Doce fitos do galeguismo na Coruña

O enterro de Curros: comercios pechados, crespóns negros nas ventás e a bandeira cubrindo o cadaleito. A despedida a Manuel Curros Enríquez (falecido en Cuba en marzo de 1908 e soterrado en abril na Coruña) foi multitudinaria

A cidade que máis tópicos arrastra sobre o seu carácter pouco galego revelouse varias veces como pioneira en Galicia. Resumimos en imaxes unha ducia de momentos clave na toma de conciencia do galeguismo

25 jul 2021 . Actualizado a las 05:00 h.
O enterro de Curros: comercios pechados, crespóns negros nas ventás e a bandeira cubrindo o cadaleito. A despedida a Manuel Curros Enríquez (falecido en Cuba en marzo de 1908 e soterrado en abril na Coruña) foi multitudinaria
1/12 O enterro de Curros: comercios pechados, crespóns negros nas ventás e a bandeira cubrindo o cadaleito. A despedida a Manuel Curros Enríquez (falecido en Cuba en marzo de 1908 e soterrado en abril na Coruña) foi multitudinariaAlberto Martí Villardefrancos
Irmandades da Fala: nacen na Coruña en 1916 e espállanse por Galicia (está foto histórica é da cuarta asamblea, que se celebra en Monforte, e á que asisten Antón Villar Ponte, Castelao ou Antón Losada Diéguez). O movemento nacionalista asume o monolingüísmo en galego. Antón Villar Ponte, principal promotor, comezou a campaña cunha serie de artigos na Voz de Galicia. Disólvense no 1931 e nace o Partido Galeguista
2/12 Irmandades da Fala: nacen na Coruña en 1916 e espállanse por Galicia (está foto histórica é da cuarta asamblea, que se celebra en Monforte, e á que asisten Antón Villar Ponte, Castelao ou Antón Losada Diéguez). O movemento nacionalista asume o monolingüísmo en galego. Antón Villar Ponte, principal promotor, comezou a campaña cunha serie de artigos na Voz de Galicia. Disólvense no 1931 e nace o Partido Galeguista
Dos Xogos Florais, á Cova Céltica e Cerámicas do Castro: o encontro literario naceu na Coruña en 1861. No 1893, galeguistas e intelectuais comezaron a reunirse nun faladoiro no que tamén interveu Sofía Casanova. Xa no século XX, na posguerra, xunto á Coruña, Sada alumeou o que sería o novo Sargadelos
3/12 Dos Xogos Florais, á Cova Céltica e Cerámicas do Castro: o encontro literario naceu na Coruña en 1861. No 1893, galeguistas e intelectuais comezaron a reunirse nun faladoiro no que tamén interveu Sofía Casanova. Xa no século XX, na posguerra, xunto á Coruña, Sada alumeou o que sería o novo SargadelosArquivo da RAG
Biblioteca Gallega: Juan Fernández Latorre, o fundador de La Voz de Galicia, e Andrés Martínez Salazar fundan no 1885, en pleno Rexurdimento, a editorial cuxa meta é difundir a cultura galega. Los Precursores, de Murguía, foi o seu primeiro volume. Publicou a versión final de Aires d'a miña Terra, de Curros, proscrita pola Igrexa. No 2002 reeditáronse as 120 obras máis senlleiras
4/12 Biblioteca Gallega: Juan Fernández Latorre, o fundador de La Voz de Galicia, e Andrés Martínez Salazar fundan no 1885, en pleno Rexurdimento, a editorial cuxa meta é difundir a cultura galega. Los Precursores, de Murguía, foi o seu primeiro volume. Publicou a versión final de Aires d'a miña Terra, de Curros, proscrita pola Igrexa. No 2002 reeditáronse as 120 obras máis senlleirasBiblioteca Gallega
Real Academia Galega: fúndase en 1906 na Coruña. Murguía foi o seu primeiro presidente. A Sociedade de Folklore Galego, creada na Coruña en 1881 e promovida por Emilia Pardo Bazán, foi o seu precedente. A súa sede está na casa de Bazán da rúa Tabernas
5/12 Real Academia Galega: fúndase en 1906 na Coruña. Murguía foi o seu primeiro presidente. A Sociedade de Folklore Galego, creada na Coruña en 1881 e promovida por Emilia Pardo Bazán, foi o seu precedente. A súa sede está na casa de Bazán da rúa TabernasArquivo da RAG
As irmandiñas: no 1908 nace a Sección Feminina das Irmandades na Coruña, que chegou a ter ata 200 asociadas. Entre elas, e por esta orde nas fotos, Micaela Chao Maciñeira (a única muller que participou no acto fundacional das Irmandades da Fala no 1916), a mestra Elvira Bao e María Miramontes
6/12 As irmandiñas: no 1908 nace a Sección Feminina das Irmandades na Coruña, que chegou a ter ata 200 asociadas. Entre elas, e por esta orde nas fotos, Micaela Chao Maciñeira (a única muller que participou no acto fundacional das Irmandades da Fala no 1916), a mestra Elvira Bao e María Miramontes