Moaña pon en marcha o programa «Galiméntate» para galeguizar o sector da hostalaría

La Voz MOAÑA/LA VOZ.

VIGO

21 oct 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

Os servizos de normalización lingüística do instituto A Paralaia e mais do Concello puxeron en marcha o programa «galiméntate», que ten por finalizade fomentar a galeguización do sector da hostalaría.

Os alumnos do instituto pídenlle aos hosteleiros as súas receitas para traducilas ao galego nas aulas, o que leles permitirá coñecer o vocabulario específico do sector, e unha vez «ben redactadas», as difundirán no blog do centro (www.blogoteca.com/nobicodalingua), así como no blog do Concello (snlmoanha.blogaliza.org).

A pretensión é galeguizar todo tipo de receitas, sexan entrantes, petiscos, aperitivos, peixes, carnes ou postres. Despois serán clasificadas por temporadas (outono, Nadal, entroido, Pascua e verán)