pub
LVDG_PUBLICIDADE_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDADE:12:edi.vigo
portada de La Voz de Galicia

Buscador de contidos

Elixe:

Monteferro será declarado Paisaxe Protexida

A Consellería de Medio Ambiente inicia os trámites para a protección legal

Data de publicación:

A visita do conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, serviu tamén para que a comunidade de montes de Monteferro chegase a un acordo con el en relación á situación de desprotección que sofre este espazo. Un baleiro que será corrixido mediante a declaración de Monteferro como paisaxe protexida, o que dotará ao monte dunha figura legal de protección. «Actualmente non ten máis protección que as normas do concello e claro, estas poden ser modificadas polos alcaldes se así o desexan», comenta o presidente da plataforma Salvemos Monteferro, Xosé Reigoso.

Agora reuniranse técnicos de Medio Ambiente e integrantes da comunidade de montes para estudar como executar a medida. «A declaración de Monteferro como paisaxe protexida farase seguindo un itinerario de participación, transparencia e acordos», confesa o conselleiro de, Manuel Vázquez.

«Esta actuación é importante, evitará que se esnaquice o único espazo natural que queda na ría de Vigo e pechará o paso á especulación», comenta Xosé Reigoso. Ademais, «as subvencións que se outorgan a estes espazos servirán para mellorar a vexetación, que nestes momentos é escasa», continúa.

O presidente da comunidade de Montes, Manuel Alejos, móstrase satisfeito coa noticia e espera que sexa executada, para o que se necesita o acordo de todos, tanto dos comuneiros como de Medio Ambiente e o Concello», comenta. «Vimos un compromiso serio por parte do conselleiro», di Manuel.

 

ENVIAR NOTICIA  

Monteferro será declarado Paisaxe Protexida

* Campos obrigatorios
Enviar a:
Os teus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

O seu envío realizouse correctamente

En breve os contactos recibirán en o seu correo electrónico un enlace á noticia

Grazas por usar os nosos servizos

Pechar

 

ENVIAR NOTICIA  

Produciuse un erro
Non se puido realizar o envío

Revise os seus datos e volva intentalo

Se se volve a producir un erro, é posible que o servizo está momentaneamente non dispoñible. Inténteo máis tarde.

Desculpe as molestias. Grazas por usar os nosos servizos

Pechar

LVDG_PUBLICIDADE_MIVA:
Monteferro será declarado Paisaje Protegido
 
LVDG_PUBLICIDADE:robapaginas:edi.vigo
Cargando
LVDG_PUBLICIDADE_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDADE_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDADE_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDADE_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDADE_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDADE:10:edi.vigo
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CoruÑA (España)

R.M. da Coruña: tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, folio 114 vto., folla C-2141. CIF: A-15000649.
ojd