«Se cando tiña 20 alguén me di que ía gravar con 82 pensaría que estaba borracho»

La Voz

O PORRIÑO

09 mar 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

Mentres lle fai mimos a un bisneto, Carmen escoita música. Cando non canta, escoita. A música é a súa vida.

-¿Cómo se sente enriba dun escenario?

-Non teño nervios ningún. Pero ás veces me equivoco, iso si, nunca deixo de cantar. Como moito río. Unha vez Uxía tróuxome unha canción para aprender para o día seguinte, por unha reunión. Tiven moito éxito e a xente felicitoume moito, pero cando escoitei a gravación decateime de que a letra non era a mesma.

-¿Que pensaría se lle din cando moza que ía gravar?

-Se cando tiña 20 anos alguén me dixera que ía gravar ao chegar aos 82 pensaría que estaba borracho. A verdade é que tiña mellor voz cando era máis nova, porque cantaba aquí e se escoitaba no Porriño.

-O disco ten unha biografía, ¿non lle preocupa que a xente saiba da súa vida?

-Ah, non a contei toda (di sorrindo). Hai moitas cousas que as gardei para min.