A unidade comarcal do Benestar e Igualdade de Gondomar atenderá ao Baixo Miño e ao Val Miñor

La Voz

VIGO

04 oct 2007 . Actualizado a las 11:46 h.

O anuncio de Vicepresidencia de Igualdade de instalar unha unidade comarcal de Benestar en O Porriño abriu a polémica en Gondomar e se retomará mañá no pleno a raíz dunha moción presentada polo PP para abordar este tema.

Os populares sinalan que no anuncio da Xunta recóllese que o servizo porriñés dará cobertura a Gondomar pese a que «O BNG prometera e garantizara que se instalaría neste municipio». Pola súa banda, o goberno local, a través do seu voceiro, Pauliño del Río, asegura que Gondomar «vai contar coa unidade comarcal e atenderá aos Concellos do Val Miñor e do Baixo Miño».

Segundo del Río, «a Consellería ten xa os locais e está a proceder ao seu acondicionamento e dotación e, antes de que remate o ano estará a pleno funcionamento para dar os servizos correspondentes». Dende esta unidade, añade, «se xestionará o Plan Galego de Inclusión, haberá unha educadora familiar e unha oficina de atención á muller, cun total de seis postos de traballo». O voceiro do goberno local manifestou, por outra banda que, «estes profesionais terán o seu centro de traballo en Gondomar, pero se desprazarán aos distintos Concellos do seu ámbito para atender determinadas circunstancias».

Peaje

Los populares, a través de su portavoz, Carlos Silva, presentarán una segunda moción relativa á gratuidade na AG-57. A proposta insta á corporación a que solicite á Xunta e a Política Territorial, «a gratuidade total e absoluta dos tramos internos desta vía que comuniquen o Val Miñor».

Moción xurde, explican, tras o anuncio de Política Territorial da reforma dos enlaces en Sabarís, A Ramallosa e Nigrán. O PP dí que «aplaude que a Xunta recupere o compromiso do anterior goberno autonómico» pero considera «inadmisible que os veciños do Val Miñor teñan que pagar por un servizo básico para o desenvolvemento futuro da comarca».

Os socialistas presentarán dúas mocións no pleno. Unha encamiñada á creación dunha comisión para verificar o grao de cumprimento da concesión para a recollida de residuos e acordar os posibles acordos para solventar os problemas. Na segunda os concelleiro do PSOE solicitan que os técnicos municipais informen sobre a titularidade da pista de Guillufe.