O PINN alerta do impacto que suporá o novo centro de saúde en Gaifar

Monica Torres
M. Torres NIGRÁN

VIGO

Nigrán Os independentes din que o inmoble debe levantarse na mesma parcela que o actual Comesaña sostén que hai espazo suficiente para non ocupar máis terreo do complexo dunar

09 oct 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

? Partido Independente de Nigrán considera que o novo centro de saúde, que se construirá en Panxón terá «un grande impacto ambiental e paisaxístico». O seu voceiro, Antonio Fernández Comesaña explica deste xeito a absteción do seu grupo no último pleno, cando se abordou a cesión dos terreos. O PINN defende a necesidade de mellorar os servicios sanitarios e mantén que «o centro actual que existe no entorno de Gaifar está obsoleto, caduco e presenta moitas carencias». Sen embargo, afirman que o emprazamento non é o idóneo polo seu impacto. De feito, apostan, como alternativa por unha ubicación «máis respectuosa co contorno natural de Gaifar», que sería a parcela na que se ubica actualmente este servizo. Resaltan que a superficie é incluso lixeiramente superior á que o Sergas baralla como óptima. Entenden que o inmoble actual, con máis de 30 anos, está obsoleto, polo que se podería levantar un novo, «un auténtico edificio, donde poder albergar tódalas especialidades e consultas de mediciña e enfermería». Deste xeito, a parcela na que o Sergas plantexa o novo centro, quedaría libre e podería usarse para desenvolver actividades de ocio e culturais ao aire libre no verán, sen que «o contorno de Gaifar, de indudable valor paisaxístico, volvése a ser agredido». Comesaña cre que «hai que ter en conta cómo se desenvolve urbanísticamente Nigrán, porque, tal vez, a presión no litoral esté preto de máximos e o futuro se apoie máis nas parroquias como Priegue, Camos ou Chandebrito». Engade que convén unha descentralización do servicio sanitario para achegar a atención dos cidadáns ao interior e non ao revés».